Explorer 14, tamén denominado EPE-B, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 2 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.

Características Explorer 14 foi o segundo membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.

O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 14 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase.

O satélite funcionou sen problemas excepto no período do 10 ao 24 de xaneiro de 1963 e despois do 11 de agosto dese mesmo ano debido a un problema co codificador de datos, que probou a finalización da recollida de datos usables. Obtivéronse datos útiles durante o 85% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 10 r.p.m., diminuíndo ata 1 r.p.m. o 8 de xullo de 1963.

Explorer 14 foi inxectado nunha órbita inicial de 98.533 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,95 graos e un período de 2 185 minutos. Reentrou na atmosfera o 28 de maio de 1988.

Instrumentos Explorer 14 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

Analizador de protóns. Magnetómetros de porta de fluxo. Trampa para partículas ionizadas. Detector de raios cósmicos. Sensor de aspecto solar. Experimento de temporización electrolítica. Experimento de dano a células solares. Detector de centeleo de protóns-electróns.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Explorer 12 Explorer 15 Explorer 26

Categoría:Energetic Particles Explorer