Adelaide di Borgogna é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini (con contribucións de Michele Carafa) e libreto en italiano de Giovanni Schmidt. Foi estreada o 27 de decembro de 1817 no Teatro Argentina de Roma.Casaglia (2005)
Historia Adelaide di Borgogna foi estreada o 27 de decembro de 1817 no Teatro Argentina de Roma. A ópera, foi confiada a unha compañía de cantantes moi modesta, e baséase nun libreto aburrido que non estimulou a creatividade de Rossini e finalmente non tivo éxito. Representouse logo noutros poucos teatros (lémbrase un representación en Turín con Giuditta Pasta no papel de Ottone). Rossini empregou parte da música para Eduardo e Cristina.
En tempos modernos foi representada poucas veces, en 1984 no Festival della Valle d'Itria e en 1988 en París (protagonizada por Mariella Devia, Ernesto Palacio e Martine Dupuy); no Rossini Opera Festival (ROF) foi interpretada só dúas veces en forma de concerto en 2006 (protagonizada por Patrizia Ciofi). A primeira representación escénica no ROF tivo lugar en 2011 (protagonizada por Jessica Pratt), co gallo da celebración do 150 aniversario da unificación de Italia.
Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só dúas representacións no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 27 de decembro de 1817Elenco na estrea de Casaglia (2005)Adelaide, viúva de Adelberto.soprano Elisabetta Manfredini-GuarmaniOttone, emperador de Alemaña.contraltoElisabetta PinottiAdelbertotenorSavino MonelliBerengario, pai de Adelberto.baixoGioacchino SciarpellettiEurice, dona de Berengario.mezzosopranoAnna Maria MuratoriErnesto, oficial de Ottone.tenorGiovanni PuglieschiIroldo, gobernador de Canoso (na historia Attone).mezzosoprano ou tenorLuisa BottesiCoro de soldados de Berengario, guerreiros de Ottone, damiselas, pobo
Argumento O tema da ópera refírese a un episodio da historia medieval de Italia. Lotario, rei de Italia entre 945 e 950, foi envelenado por Berengario, quen usurpa o trono. A viúva de Lotario, Adelaide di Borgogna, refuxiase na fortaleza de Canossa (Canosso no libreto), no appennino reggiano, para escapar da persecución de Berengario, quen a obrigaría a casar con Adelberto, o seu fillio. En Canossa, Adelaide é protexida por Attone (Iroldo no libreto) mais, incapaz de resistir o asedio, pide a intervención de Ottone il Grande, Emperador de Alemaña, ofrecéndose como súa esposa e concedéndolle os dereitos aos que tiña dereito. Ottone ascende á Lombardía, libera Adelaide, casa con ela e a leva con el a Alemaña.
O libreto de Giovanni Schmidt contén porén algunhas inexactitudes: a acción está datada en 947, cando en realidade Lotario morreu en 950; tamén se di que a fortaleza de Canosso está cerca do Lago di Garda, mais en realidade está nos Apeninos.
Istrumentación A partitura de Rossini require o emprego de:
Piccolo, frauta, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompas, 2 trompetas, trombón Timbais, bombo, platillos Archi
Para os recitativos: Piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Estrutura Sinfonia
Acto 1 1 Introduzione Misera patria oppressa (Coro, Iroldo, Berengario, Adelaide, Adelberto) 2 Coro, scena e cavatina Salve, Italia, un dì regnante - Soffri la tua sventura (Ottone) 3 Duetto Vive Adelaide in pianto (Ottone, Adelberto) 4 Coretto Viva Ottone (Coro, Iroldo) 5 Cavatina Se protegge amica sorte (Berengario) 6 Aria Vorrei distruggere (Eurice) 7 Coro, scena e cavatina O ritiro che soggiorno - Occhi miei, piangeste assai (Adelaide) 8 Duetto Mi dai corona e vita (Adelaide, Ottone) 9 Finale primo Schiudi le porte al tempio (Coro, Adelberto, Berengario, Ottone, Adelaide, Ernesto)
Acto 2 10 Introduzione Come l'aquila che piomba (Coro) 11 Duetto Della tua patria ai voti (Adelberto Adelaide) 12 Aria Sì, sì, mi svena (Eurice) 13 Coro, scena ed Aria Berengario è nel periglio - Grida, o natura, e desta (Adelberto) 14 Quartetto Adelaide! Oh ciel (Ottone, Berengario, Adelberto, Adelaide) 15 Scena ed aria Ah, vanne, addio - Cingi la benda candida (Adelaide) 16 Coro, scena ed aria Serti intrecciar le vergini - Vieni, tuo sposo e amante (Coro, Ottone)
Gravacións AnoElenco(Ottone, Adelaide, Berengario, Adalberto)Director,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Adelaide di Borgogna en operadis-opera-discography.org.uk1984 Martine Dupuy,Mariella Devia,Armando Caforio,Aldo BertoloAlberto Zedda,Martina Franca Festival Orchestra e New Cambridge Chorus(Gravación dunha representación no Martina Franca Festival, o 4 de agosto) CD de son: Warner FonitCat: 3984 275912005 Jennifer Larmore,Marjella Cullagh,Mirco Palazzi,Bruce FordGiuliano Carella,Scottish Chamber Orchestra and Chorus(Gravación dunha versión de concerto no Usher Hall de Edimburgo, o 19 de agosto) CD de son: Opera RaraCat: ORC 32
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4 Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3 Osborne, Richard, Rossini, Ithaca, Nova York: Northeastern University Press, 1990 ISBN 1-55553-088-5 ISBN 1-55553-088-5
Ligazóns externas Casaglia, Gherardo (2005). "27 de decembro de 1817". Almanacco Amadeus
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Roma Categoría:Óperas de 1817