Unha torcedura, escordadura, retorzón ou distorsión é a perda momentánea da congruencia articular (cápsula articular e/ou ligamentos) dunha articulación. Tamén pode ser definida como unha lesión traumática dunha articulación con estiramento, arrancamento ou rotura dun ou máis ligamentos, sen luxación das superficies articulares.
Características Os torceduras causan inflamación e dor de comezo súbito que vai minguando paseniñamente, provocando impotencia funcional e incluso parálise temporal. O período de recuperación varía en relación á gravidade e a cronicidade da lesión.
Determinados deportes adoitan provocar lesións crónicas, sen seren taxonómicos: Nocello: Voleibol, skateboarding, fútbol, taekwondo, cheerleading, rugby, fútbol gaélico. Xeonllo: Voleibol, Tenis, fútbol, baloncesto, cheerleading, rugby, jiu-jitsu. Cóbado: Tenis, baloncesto, béisbol, hóckey, cheerleading, rugby, jiu-jitsu. Ombreiro: Béisbol, baloncesto, cheerleading, rugby.
Notas Categoría:Traumatoloxía
Véxase tamén
fractura hematoma vendaxe