María Jesusa Candal Jarrín, nada cara a 1960, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Filla de Manuel Candal Candal, que foi alcalde de Vilamartín de Valdeorras dende 1972. Nas eleccións municipais de 2007 foi a número dous da candidatura do PPdeG á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras que encabezaba o seu pai. Logo da dimisión deste o 20 de novembro de 2008 foi elixida alcaldesa. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG e perdeu a alcaldía en favor do PSdeG-PSOE, tras conseguir os socialistas sela forza máis votada. En xaneiro de 2013 encabezou unha moción de censura co apoio dos 4 concelleiros do PPdeG e de 2 dos 3 de Alternativa Popular Galega e o 21 de xaneiro volveu ser elixida alcaldesa. Nas municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do PPdeG e perdeu a alcaldía tras logralo PSdeG-PSOE a maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras

Ligazóns externas Entrevista en La Región

Categoría:Alcaldes de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1960