EDTA (do inglés Ethylenediamine tetraacetic acid) ácido etilendiaminotetraacético é un composto orgánico que actúa coma axente quelante, formando complexos moi estábeis con diversos ións metálicos. Entre eles o magnesio e o calcio, en valores de pH por riba de 7 e manganeso, ferro(II), ferro(III), zinc, cobalto, cobre(II), chumbo e níquel en valores de pH por baixo de 7.. O EDTA é un ácido que actúa como ligante hexadentado, ou sexa, pode complexar o ión metálico a través de seis posicións de coordinación: a través de catro anións carboxilato (-COO-), despois da saída dos 4H+ dos grupos carboxílicos, e tamén a través dos dous N.
Síntese O EDTA é principalmente sintetizado do 1,2-diaminoetano (etilenodiamina), formaldehido (metanal), auga e cianato de sodio.http://www.chm.bris.ac.uk/motm/edta/synthesis_of_edta.htm O traballo pioneiro sobre o desenvolvemento do EDTA foi realizado por Gerold Schwarzenbach nos anos 1940.http://www.chm.bris.ac.uk/motm/edta/edtah.htm
Nomenclatura popular vs. química Para describir o EDTA e as súas distintas formas protonadas, os químicos usan un acrónimo que distingue entre EDTA4−, a base conxugada que é o ligante, e H4EDTA, o precursor do ligante.
Principios de química de coordinación miniatura|left|120px|Quelato metal-EDTA. O ión metálico central está sendo complexado a través das seis posicións de coordinación do EDTA.
Usos Úsase como descolorante para cabelos; tamén pode ser utilizado na fabricación de pan e derivados na industria alimentaria. Úsase tamén durante tratamentos endodónticos por ter unha función quelante e retirar ións calcio (Ca2+). Esa afinidade co calcio, fai que tamén sexa utilizado coma anticoagulante. Úsase na análise da dureza da auga e na agricultura como estabilizante de micronutrientes.
Tamén se usa en microscopía electrónica para contrastar o ADN e descontrastar o ARN.
Outro uso é na agricultura, na fabricación de fertilizantes e nutricionais, como quelante de metais que interesan ser incorporados (normalmente de xeito foliar) nos cultivos.
Notas
Categoría:Química orgánica Categoría:Ácidos carboxílicos