O paínzo, millo miúdo ou millete é o gran ou cereal das plantas da especie de planta homónima: paínzo.

É o segundo cereal máis cultivado do mundo e o máis importante de Asia.

Taxonomía A meirande parte dos millos miúdos pertencen á subfamilia Panicoideae. As especies principais de millo miúdo, ordenadas pola súa importancia económica son:

Setaria italica (Paínzo menor, millo miúdo) Panicum miliaceum (Millo miúdo) Panicum virgatum (paínzo ergueitoNome vulgar galego proposto polo Servizo de Normalización Lingüística da USC), que produce até 60 xigaJules de bioetanol por hectárea.http://www.ecoticias.com/detalle_noticia.asp?id=28473 Eleusine coracana (paínzo dedo) Pennisetum glaucum (millo miúdo cultivado, millo miúdo africanoNomes vulgares galegos recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC)

Outras especies de menor importancia inclúen:

Echinochloa frumentacea (paínzo do Xapón) Paspalum scrobiculatum (paínzo Koda) Digitaria exilis (paínzo fonio)

Como alimento Son cereais moi ricos en enerxía, ideais para consumir no almorzo, tamén resultan indispensábeis na dieta das persoas celíacas xa que non conteñen prolaminas tóxicas e substitúen gran cantidade dos nutrientes dos alimentos con glute.

O tef (Eragrostis tef) e mais o sorgo (Sorghum spp.) ás veces tamén son incluídos entre os millos miúdos.

Notas

Categoría:Cereais