José Losada Ferreiro, coñecido como Pepe do Café, nado no Saviñao cara a 1893, foi un político galego.
Traxectoria Propietario do Café Central de Escairón. Presidente Agrupación Republicana do Saviñao en 1931, foi concelleiro en abril e elixido alcalde do Saviñao.El Pueblo Gallego, 25-11-1931, p. 5. Foi cesado en maio de 1932 e procesado por desacato á autoridade.El Pueblo Gallego, 13-5-1932, p. 8. Xulgado en Lugo en xuño de 1933, o fiscal retirou a acusación.El Pueblo Gallego, 18-6-1933, p. 10. En 1934 era o presidente da Agrupación Socialista. En marzo de 1936 foi elixido alcalde do Saviñao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido e foi detido o 26 de marzo de 1939. Ingresou en prisión e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e un día de prisión, aínda que saíu en liberdade en 1940. Foi novamente detido en 1947 por axudar ao guerrilleiro Xosé Castro Veiga, O Piloto, a recrutar algúns mozos da zona para integrar a súa partida e xulgado por un delito de "auxilio a malhechores".
Vida persoal
Casou con Luciana López Alonso en 1930.El Pueblo Gallego, 4-5-1930, p. 8.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1893