O termo rosca pódese referir a:

Roscón, pan ou doce redondo, non moi alto e cun burato no medio, típico das festas galegas, especialmente nos días de Reis e Pascua. Rosquillas, doces semellantes ao anterior, de pequeno tamaño, típico das romarías galegas. Dónuts, uns doces fritidos semellantes ás rosquillas típicos dos Estados Unidos. Rosca, fenda en espiral que ten un parafuso, unha porca ou unha peza similar. Rosca, en arquitectura, faixa de material que, soa ou con outras concéntricas, forma un arco ou bóveda. Rosca, tipo de gaita de fol conservado no Baixo Miño.