Stjepan Andrijašević, nado en Split o 7 de febreiro de 1967, é un exfutbolista croata, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Con 16 anos comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o Hajduk Split, onde xogou 101 encontros e anotou 21 goles. A tempada 1992/93 pasou á Liga francesa ao fichar polo AS Monaco, onde non tivo demasiada sorte e só disputou 7 encontros.

O 16 de novembro de 1993 chegou ao Celta de Vigo cedido polo Hajduk Split, onde fixo moi bo papel, axudando ao equipo a proclamarse Subcampión da Copa do Rei ao ser decisivo nas semifinais ante o CD Tenerife. Porén foi a súa única tempada en Vigo xa que o Celta non se puido facer cargo das esixencias do club croata para facerse coa propiedade do xogador.

Tras desvincularse do Celta volveu a Split, e tras un ano sen moita sorte fichou polo Rayo Vallecano, onde se retirou do fútbol en activo en 1998. No club vallecano alternou dous anos en Primeira División con outra en Segunda.

Coa Selección de fútbol de Croacia foi internacional cinco veces, entre 1992 e 1994.

Categoría:Nados en Split Categoría:Nados en 1967 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Xogadores do HNK Hajduk Split Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia