O Viaduto Pedro Floriani ou Viaduto de Madrid é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Pontevedra. Foi inaugurado o 30 de xullo do ano 1876 e estivo activo durante máis dun século na ruta ferroviaria Vigo-Ourense. Un dos seus contratistas suicidouse tirándose dende o alto da ponte por mor dos non pagamentos da administración. No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto.Viadutos de Redondela, Ben de Interese Cultural No ano 2012 realizáronse labores de rehabilitación da estrutura.Faro de Vigo: O viaduto de Madrid recuperará o seu brillo.
Historia 200px|miniatura|Placa da compañía Fives-Lille, encargada da construción do viaduto. O Estado Español concedeu a Galiza a rede ferroviaria propia o 12 de maio de 1863. Porén, non foi até 13 anos despois, en 1876, cando circulase o primeiro convoi pola ruta Vigo-Ourense.
A orografía do val no que está localizada a vila de Redondela facía precisa a construción dun viaduto que salvase a distancia do val, a tenor da opinión do enxeñeiro F. Javier Boguerín na súa obra Memoria del Trazado: Obras de Arte: Viaductos y túneles. Así, a primeira opción en ser barallada foi a construción da ponte pola parroquia de Saxamonde, mais foi desbotada pola orografía incompatíbel. Deste xeito, apareceron novas limitacións que superar, coma a altura do viaduto, as fortes pendentes de até o 2% e a implantación dun percorrido pouco rectilíneo, con curvas de até 800 m de raio.
O arquitecto Augusto Cazaux foi o encargado de dirixir a construción da obra, e a Compagnie de Fives-Lille foi a empresa francesa responsábel do aparello tecnolóxico desta.Antuña Souto CA, Antuña Castro J. Os viadutos de Redondela: arquitectura, arte e estética. Seminario de Estudos Redondeláns. ISSN 1698-8051, Nº4, 2007, páxs. 103-132
En 1971 a construción dunha variante da vía férrea entre a estación de Redondela e Os Valos fixo que quedase en desuso definitivamente.
En 2024 retomouse un proxecto anterior para reconvertilo nunha pasarela peonil.
Aspectos técnicos O viaduto está composto por dous tipos de material: ferro e pedra. A idea de empregar madeira como material, malia a ser máis barata, desbotouse polas características meteorolóxicas da vila, con precipitacións abundantes durante case todo o ano. O vermello do ferro laminado ou palastro proporciónalle unha cor característica, e diferente ao viaduto de Pontevedra cuxa cor é agrisada.
A estrutura ten unha altura de 32 m e unha lonxitude de 411 m, dos cales 255,89 m corresponden á parte metálica, e o resto a parte de pedra. Os piares están compostos tamén de pedra, e no seu interior están enchidos con milleiros de piñeiros, xa que a madeira resultaba máis económica.
O viaduto na cultura popular redondelá Na vila de Redondela está fortemente estendida a hipótese de que foi o arquitecto Pedro Floriani quen construíu a obra. Esta crenza xorde coa confusión co arquitecto Pietro Paolo Floriani, mestre italiano discípulo de Gustave Eiffel. Existe, porén, a figura de Pedro Floriani, que semella foi un subcontratista da obra e un dos mentores desta.
Após lle notificar que non cobraría o importe da súa obra por motivos técnicos, Pedro Floriani tentou suicidarse, malia que só conseguiu ficar inválido. Os outros financiadores da obra que tampouco cobraron os custos foron Francisco Buenagua Magulegui, de Markina (Biscaia), e Juan Praria Rozaza. Eles si conseguiron suicidarse.J. Migueles. Viaduto Vello (de Ourense, de Monforte ou de Madrid) . Anecdotario Redondelán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Viaduto de Pontevedra
Ligazóns externas "El Viaducto Madrid se cae a cachos" 2009, El País . Páxina web de patrimonio cultural no sitio web do concello de Redondela. "Redondela aplaude convertir el viaducto en un oasis para el ocio" 2012, La Voz de Galicia
Categoría:Arquitectura en Redondela Categoría:Viadutos Categoría:Ferrocarril en Galicia