Savo Milosevic, nado en Bijelijina (Bosnia e Hercegovina) o 2 de setembro de 1973 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria Comezou a súa traxectoria no fútbol profesional no Partizan de Belgrado emigrando a Inglaterra cas impresionantes cifras de 98 encontros e 74 goles. Na Premier League militou tres anos no Aston Villa cunha cifras moi dignas antes de recalar na Liga Española.
En España xogaría no Real Zaragoza e, cunha breve experiencia sen demasiado éxito no fútbol italiano no Parma FC, RCD Espanyol, Celta de Vigo e Osasuna.
Deixaría a liga española despois de máis de 90 goles en catro equipos diferentes.
A súa última parada futbolística foi o ruso FC Rubín Kazán no ano 2008 onde participaría na consecución do título ligueiro. Tras este título retiraríase con 35 anos de idade.
En decembro de 2009 presentouse ás elección presidenciais do Partizan de Belgrado sendo derrotado por 43 votos a 1 por Dragan Djuric.
Equipos AnoClubEncontros/goles1992-1995Partizan de Belgrado98/741995-1998Aston Villa90/281998-2000Real Zaragoza72/382000-2002Parma FC31/92001-2002Real Zaragoza16/62002-2003RCD Espanyol34/122003-2004Celta de Vigo37/142004-2007Osasuna72/212007-2008FC Rubín Kazán16/3
Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Futbolistas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores do Aston Villa FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Nados en 1973