Crocodiles é o álbum de estrea da banda británica de post-punk Echo & the Bunnymen, publicado o 18 de xullo de 1980 no Reino Unido e o 17 de decembro nos Estados Unidos. O disco acadou o número 17 da lista británica de álbums. As súas cancións "Pictures on My Wall" e "Rescue" foran anteriormente editadas como sinxelos.
Gravado nos Eden Studios de Londres e nos Rockfield Studios preto de Monmouth, no País de Gales, Crocodiles foi producido por Bill Drummond e David Balfe, mentres que Ian Broudie encargárase xa da produción do sinxelo "Rescue". Tanto a música como a portada do traballo reflicten imaxes de escuridade e tristeza. O álbum recibiu recensións favorables na prensa musical, obtendo 4 de cinco estrelas nas revistas Rolling Stone e Blender.
Antecedentes e gravación Echo & the Bunnymen formouse en 1979 e orixinalmente estaba composto por Ian McCulloch (voz e guitarra rítmica), Will Sergeant (guitarra solista), Les Pattinson (baixo) e unha caixa de ritmos. Lanzaron o seu sinxelo de estrea, "The Pictures on My Wall", en maio de 1979 polo selo independente Zoo Records e a banda fichou despois por Korova, un selo subsidiario de WEA, onde foron convencidos para que contratasen un batería.Adams 2002, p. 34 Pete de Freitas uniuse posteriormente á banda, e a principios de 1980 gravaron o seu segundo sinxelo, "Rescue". O sinxelo foi gravado nos Eden Studios de Londres e producido polo ex-membro de Big in Japan Ian Broudie.Crocodiles (libreto do CD). Echo & the Bunnymen. Warner Strategic Marketing. 2003. 2564-61161-2
En xuño de 1980 seguiu unha xira británica antes de que a banda fose aos Rockfield Studios para gravar o seu álbum de estrea. Aínda que se falou que lle ofreceran ao cantante estadounidense Del Shannon facer a produción do álbum, este foi finalmente producido polo representante do grupo Bill Drummond e o seu socio comercial e teclista de The Teardrop Explodes David Balfe.Adams 2002, p. 39 A gravación do álbum só durou tres semanas, pero Pattinson quedou sorprendido pola natureza aburrida do proceso de gravación: "Había moito tempo de espera. Non entendín todas as partes de 'introducións' e 'edicións'".Bell 2003, pp. 6-7
Listaxe de cancións Todos os temas copostos por Will Sergeant, Ian McCulloch, Les Pattinson e Pete de Freitas agás onde se indique.
Versión británica Cara 1 "Going Up" – 3:57 "Stars Are Stars" – 2:45 "Pride" – 2:41 "Monkeys" – 2:49 "Crocodiles" – 2:38 Cara 2 "Rescue" – 4:26 "Villiers Terrace" – 2:44 "Pictures on My Wall" (Sergeant, McCulloch, Pattinson) – 2:52 "All That Jazz" – 2:43 "Happy Death Men" – 4:56
Versión estadounidense Cara 1 "Going Up" – 3:57 "Do It Clean" – 2:44 "Stars Are Stars" – 2:45 "Pride" – 2:41 "Monkeys" – 2:49 "Crocodiles" – 2:38 Cara 2 "Rescue" – 4:26 "Villiers Terrace" – 2:44 "Read It in Books" (McCulloch, Julian Cope) – 2:31 "Pictures on My Wall" (Sergeant, McCulloch, Pattinson) – 2:52 "All That Jazz" – 2:43 "Happy Death Men" – 4:56
Notas
Bibliografía
Bell, Max (2003). Crocodiles (libreto do CD). Echo & the Bunnymen. Warner Strategic Marketing. 2564-61161-2.
Categoría:Álbums de Echo & the Bunnymen Categoría:Álbums musicais de 1980 Categoría:Álbums de estrea