Francisco Seijo Iglesias, nado en Ourense en 1875 e finado en Xinzo de Limia o 5 de xaneiro de 1940, foi un reloxeiro e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do xoieiro Seijo Brasa, casou en Ourense e trasladouse a Xinzo de Limia onde montou unha reloxería. Foi auxiliar de secretaría do concello de Xinzo de Limia e secretario do concello de Trasmiras. Colaborou en Juventud, do que foi nomeado xerente, foi director de El Agrario e fundou e dirixiu El Látigo. O seu fillo Luis Seijo Villarino colaborou en El Camelo.

Vida persoal

Casou con Rosa Villarino Quintas. Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Francisco Seijo Iglesias. Director dos xornais: “El Agrario” (1919), “El Látigo” (1923) de Xinzo de Limia

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos