Alejandro Álvarez Rodríguez, nado en Xinzo de Limia en 1890 e finado no mesmo concello o 31 de decembro de 1974, foi un xornalista galego.
Traxectoria Fillo do procurador Efrén Álvarez, de mozo emigrou a Arxentina. Ao regreso dirixiu o periódico Juventud, do que tamén foi redactor, e foi director de El Agrario. Tamén colaborou en La República. Traballou como secretario do concello de Baltar e dende 1925 foi secretario do concello de Sandiás.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Xinzo de Limia Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1974