Paula Rey Torreiro, nada na Coruña o 14 de outubro de 1981, é unha cantante galega.
Traxectoria Foi soprano dentro do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Canta tamén no grupo de latin-funk Duplo Son. Estudou canto no Conservatorio de Valencia e completou a súa formación en diferentes centros europeos, tales como Viena.
O 3 de novembro de 2011 foi presentada en rolda de prensa, dende o Teatro Colón da Coruña, como nova vocalista do grupo de folk galego Luar na Lubre, substituíndo a Sara Louraço Vidal. No ano 2017 deixou o grupo sendo substituída por Belém Tajes."Belem Tajes, nova vocalista de Luar na Lubre"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.sereatecnicavocal.com
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantantes en lingua galega