miniatura|dereita|Molécula de anticorpo IgM de 5 unidades (pentámera).1: unidade básica (monómero). 2: cadeas pesadas.3: cadeas lixeiras.4: cadea J.5: pontes disulfuro intermoleculares. A inmunoglobulina M, ou IgM é un dos tipos de anticorpo producidos polos linfocitos B. A IgM é o anticorpo fisicamente máis grande que circula polo sangue humano, xa que está formado por cinco unidades de inmunoglobulina unidas. Aparece unida a membranas como monómero ou en circulación no sangue xeralmente como pentámero. É o primeiro anticorpo que aparece en resposta a unha exposición inicial ao antíxeno.Houghton Mifflin Company, 2004. "Immunoglobulin M." The American Heritage Dictionary of the English Language, Fourth Edition. Accessed on 12 Oct. 2007 O bazo é o principal sitio de produción de IgM.http://www.jimmunol.org/content/186/2/1011.full ; Bailey & Love's Short Practice of Surgery, 25ª ed. (Cap. 62, páx. 1102)

Estrutura e función A IgM forma polímeros constituídos por varias inmunoglobulinas unidas covalentemente por pontes disulfuro, principalmente formando un pentámero pero algunhas veces un hexámero. A IgM ten unha masa molecular de aprocimadamente 970 kDa na súa forma pentámera. Como cada monómero ten dous sitios de unión ao antíxeno, unha IgM pentámera ten dez. Porén, normalmente a IgM non pode unir antíxenos aos seus dez sitios de unión á vez porque o gran tamaño de moitos antíxenos dificulta a unión a sitios que estean próximos.

Nas IgM pentámeras encóntrase unha cadea proteica chamada cadea J (joining chain), pero non nas formas hexámeras, quizais debido ás constricións de espazo no complexo hexamérico. A cadea J é unha glicoproteína cun 12% de azucres e unha masa molecular de 15 kDa, que se une por pontes disulfuro á zona dos extremos Fc das inmunoglobulinasJ. P. Martínez. Inmunología. Piramide. 1994. Páxinas 108, 122. ISBN 84-368-0828-2.. A IgM pentamérica pode tamén formarse en ausencia da cadea J. Actualmente, non está aínda claro que fracción dos pentámeros normais contén a cadea J, e se os pentámeros conteñen unha ou máis cadeas J. Erik J. Wiersma, Cathy Collins, Shafie Fazel, and Marc J. Shulman. Structural and Functional Analysis of J Chain-Deficient IgM. J. Immunol., Jun 1998; 160: 5979 - 5989.

Como a IgM é unha molécula grande, non pode difundir ben, e encóntrase só en pequenas cantidades no fluído intersticial dos tecidos. A IgM atópase principalmente no plasma sanguíneo. Pode segregarse tamén a través das mucosas e atravesa as células epiteliais da mucosa dentro de vesículas e para a secreción debe ter a cadea J.P. Brandtzaeg. Transport models for secretory IgA and secretory IgM. Clin. exp. Immunol. (1981) 44, 221-232.

Debido á súa natureza polimérica, a IgM posúe unha grande avidez polo antíxeno, e é particularmente efectiva na activación do sistema do complemento. Por si mesma a IgM é unha opsonina ineficaz, pero contribúe de xeito importante á opsonización ao causar que o C3b se una ao antíxeno e se active o complemento.

As propiedades da IgM poden resumirse así: é o primeiro anticorpo que se forma en resposta a un estímulo antixénico, é a Ig máis abundante unida a membranas no linfocito B, ten propiedades neutralizantes, precipitantes, e aglutinantes, fixa o complemento e non atravesa a placenta. As iGM hexámeras activan moito máis o complemento ca as pentámeras.William E. Paul. Fundamental Immunology. Google books

Expresión Nas células da liña xerminal, o segmento xénico que codifica a rexión constante μ da cadea pesada está situado en primeira posición con respecto aos outros segmentos das rexións constantes. Por esta razón, a IgM é a primeira inmunoglobulina expresada polas células B maduras.

Tamén é a primeira inmunoglobulina expresada no feto (arredor da semana 20) e tamén filoxeneticamente se cre que foi o primeiro anticorpo que se desenvolveu.Review of Medical Physiology by William Francis Ganong

O transcrito primario da que se orixina esta Ig contén tanto rexións constantes μ coma δ, de modo que un splicing alternativo fai que a célula produza IgM ou IgD.

Importancia clínica Os anticorpos IgM aparecen cedo no curso dunha infección e xeralmente reaparecen, aínda que en menor proporción, despois dunha posterior exposición. Os anticorpos IgM non pasan a barreira placentaria (só o fai o isotipo IgG).

Estas dúas propiedades biolóxicas da IgM fan que sexa útil no diagnóstico de enfermidades infecciosas. A demostración da presenza de anticorpos IgM no soro dun paciente indica unha recente infección, ou no soro dos recentemente nados indica unha infección intrauterina (por exemplo, roséola conxénita).

O desenvolvemento de IgM antidoante despois dun transplante de órganos non está asociado co rexeitameno do enxerto senón que pode ter efecto protector.

Outras propiedades No soro normal a IgM únese a antíxenos específicos, mesmo en ausencia dunha inmunización previa. por esta razón a IgM foi chamado ás veces "anticorpo natural". Este fenómeno é probablemente debido á gran avidez da IgM que lle permite unirse detectablemente mesmo a antíxenos con reacción cruzada moi feble que aparecen naturalmente. Por exemplo, os anticorpos IgM que se unen aos antíxenos A e B dos glóbulos vermellos poderían formarse nos inicios da vida como resultado da exposición a substancias similares aos antíxenos A e B presentes nas bacterias ou de materias vexetais.

Os anticorpos IgM son principalmente responsables da aglutinación de glóbulos vermellos que se produce se o receptor dunha transfusión de sangue recibe sangue que non é compatible co seu tipo sanguíneo.

A IgM é máis sensible á desnaturalización por 2-mercaptoetanol ca a IgG. Esta propiedade foi utilizada historicamente para distinguir entre estes isotipos ante anticorpos secundarios específicos anti-IgG e anti-IgM en inmunoensaios. Comprobábase a reactividade das mostras séricas cun antíxeno antes e despois do tratamento con 2-mercaptoetanol para determinar se a actividade era debida a IgM ou a IgG.Capel PJ, Gerlag PG, Hagemann JF, Koene RA. The effect of 2-mercaptoethanol on IgM and IgG antibody activity. J Immunol Methods. 1980;36(1):77-80. PMID 7204997.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Anticorpo Inmunoglobulina A (IgA) Inmunoglobulina D (IgD) Inmunoglobulina E (IgE) Inmunoglobulina G (IgG)

Ligazóns externas MeshName - Immunoglobulin+M Deficiencia en inmunoglobulina M de Medscape.com

Categoría:Inmunoloxía Categoría:Glicoproteínas Categoría:Anticorpos