Nihil novum sub sole é unha locución latina que significa "Nada (hai) novo baixo o sol". Con esta locución quérese expresar o sentido cíclico da vida, onde todas as experiencias e todos os acontecementos, por moi novidosos e orixinais que parezan, xa existiron previamente.
A orixe do termo provén da Biblia, onde se inclúe esta máxima, que na súa formulación completa di: "O que foi, iso será; o que xa se fixo, farase: pois nada hai novo baixo o sol"Eclesiastés 1:2-10 A Biblia SEPT, p. 830. O acento nihilista que nega a novidade no mundo está na raíz do poema homónimo, "Nihil novum sub sole"Nihil novum sub sole, Miguel de Unamuno, de Miguel de Unamuno, sobre todo nos versos finais:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Recompilación de usos na prensa escrita
Categoría:Locucións latinas