Os venéridos (Veneridae) son unha ampla familia de moluscos bivalvos heterodontos da orde dos veneroideos e superfamilia dos Veneroidea.

Comprende máis de 500 especies, moitas das cales son comestibles e explotadas como fonte de alimento. As máis coñecidas son as ameixas.

Características As principais características desta familia son as seguintes: Posúen un ligamento posterior externo. Presentan unha área anterior ben marcada, chamada lúnula. Posúen tres estruturas encaixables, os dentes cardinais, na parte superior de cada valva, e mais dentes laterais anteriores ós dentes cardinais nalgunhas especies: un na valva esquerda e dous na valva dereita. As marxes inferiores internas das valvas poden estar finamente dentadas ou ser lisas. A superficie da cuncha tende a ser concéntrica, se ben tamén hai ornamentacións radiais e bifurcacións. En ocasións aparecen espiñas.

Galería das ameixas galegas

Clasificación taxonómica Segundo o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) clasifícanse nos seguintes xéneros:Veneridae Rafinesque, 1815 no SIIT.

Agriopoma Dall, 1902 Amiantis Carpenter, 1884 Anomalocardia Schumacher, 1817 Callista Poli, 1791 Chamelea Morch, 1853 Chione Megerle von Mühlfeld, 1811 Chionista Keen, 1958 Circomphalus Klein, 1853 Clausinella J. E. Gray, 1851 Compsomyax Stewart, 1930 Cyclinella Dall, 1902 Dosinia Scopoli, 1777 Gafrarium Roding, 1798 Gemma Deshayes, 1853 Globivenus Coen, 1934 Gouldia C. B. Adams, 1847 Humilaria Grant & Gale, 1931 Irus Schmidt, 1818 Irusella Hertlein & Grant, 1972 Liocyma Dall, 1870 Lirophora Conrad, 1883 Macrocallista Meek, 1876 Mercenaria Schumacher, 1817 Nutricola Bernard, 1982 Parastarte Conrad, 1862 Periglypta Jukes-Browne, 1914 Pitar Römer, 1857 Protothaca Dall, 1902 Puberella Fischer-Piette & Vukadinovic, 1977 Saxidomus Conrad, 1837 Tapes Muhlfeld, 1811 Timoclea Brown, 1827 Tivela Link, 1807 Transennella Dall, 1883 Venerupis Lamarck, 1818 Venus Linnaeus, 1758

A sistemática desta familia é obxecto de controversia. Keen estableceu unha clasificación en 1969 en 12 subfamilias. Algúns xéneros foron reclasificados noutras subfamilias e outros foron anulados para outorgarlles outra denominación actualizada. Por todo isto a clasificación taxonómica dos venéridos cambia segundo a bibliografía consultada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Keen, A. M. (1969): "Superfamily Veneracea". pp. 670–690, in: Leslie Reginald Cox et al., Part N [Bivalvia], Mollusca 6, vols. 1 and 2: xxxvii + 952 pp. Part of Raymond C. Moore, ed., Treatise on Invertebrate Paleontology. Lawrence, Kansas (Geological Society of America & University of Kansas).

Outros artigos Bivalvos Heterodontos Veneroideos Veneroidea Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Ficha en World Register of Marine Species Ficha en ITIS Ficha en Animal Diversity Web

Categoría:Veneroideos