Santiago Cortegoso Calvar, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en arte dramática. Realizou en 1998 o máster Teoría e práctica da interpretación teatral pola USC.

Compaxina a súa carreira como actor, director de escena e produtor na súa compañía Ibuprofeno Teatro, coa escrita de textos teatrais nos que desenvolve unha linguaxe propia e recoñecible para tratar as cuestións clave que afectan ao individuo contemporáneo, sempre cun claro contido social e cun humor ácido e sarcástico.

Traxectoria Entrou en contacto co mundo da música e do baile tradicional xa de novo na escola de gaitas e baile Charaviscas (Domaio) na banda de gaitas dirixida por Xavier Blanco. Ao mundo do teatro chegou despois do paso polo grupo de teatro escolar Teatrofia Teatral, o teatro amador Teatro Aurín e o grupo de teatro universitario Eis Teatro, da facultade de filoloxía da USC. Como actor profesional formou parte de Teatro de Ningures, Compañía Nove-Dous, Teatro do Morcego, Balea Branca Producións, Teatro Kaos, A Factoría Teatro, Disquedanza, e foi membro fundador de Llullu Teatro. Participou tamén en películas e series de televisión, ademais de ter unha ampla experiencia como actor de dobraxe. No plano da docencia imparte obradoiros de dramaturxia, dirección e escritura teatral.

No 2010 fundou, xunto á actriz e directora Marián Bañobre, a compañía Ibuprofeno Teatro para levar a cabo os seus proxectos teatrais de xeito independente integrando a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. A súa primeira montaxe foi 'A filla de Woody Allen' (2010) ao que seguirían: 'Pequenos actos pseudorrevolucionarios' (2012), 'Fitness' (2013), 'O Furancho' (2015), 'Raclette' (2016), 'Casa O'Rei' (2018) e 'O mel non caduca' (2020).

A súa prolífica actividade como autor foi recoñecida con numerosos premios. Recibiu o Premio María Casares por 'Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios', 'Raclette' e 'Invisibles' (este último xunto a Marián Bañobre), estando nominado noutras catro ocasións. Foi finalista aos Premios de Teatro Max ao Mellor Autor Galego por 'A filla de Woody Allen' e '0.7 % Molotov' e ao Mellor Autor por 'Raclette', por esta última recibiu tamén o Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais.

Montaxes profesionais Teatro de Ningures: Emigrados (2007). Misericordia (2006). Tartufo (2005). Troianas (2004). Círculo (2002). O principiño (2002). Fausto (2001).

Compañía Nove-Dous: 2007 - Fóra de xogo (2007).

Teatro do Morcego: Farsa do Bululú (2005). O circo enmeigado (2005). Os vellos non deben de namorarse (2003). A gran ilusión (2003). Momo (2002). Os piratas. A Branca Rosa (2000).

Llullu Teatro: O circo enmeigado ou a amazona e os excéntricos (2001). Ñaque, ou de piollos e actores (1999).

Balea Branca Producións: Un tranvía de nome Desexo (2004).

Teatro Kaos: Os nenos que prantaron a pedra da auga (1999). Ibuprofeno Teatro:

Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios (2012) Casa O'Rei (2018)

Audiovisual As leis de Celavella (serie, 2004). Rías Baixas (serie, 2004). Heroína (cine, 2004).

Dirección teatral 'O charco de Ulises (codirección xunto a Marián Bañobre). CDG, 2021. O mel non caduca. Ibuprofeno Teatro, 2020. Sobre o mal que fai o tabaco. EMAEC A Estrada, 2020. Lambetadas. Talía Teatro, 2019. Contiños da Terra. EMAEC A Estrada, 2019. Casa O'Rei, Traxicomedia Gastronómica. Ibuprofeno Teatro, 2018. Logos. Lucecús Teatro, 2018. O camiño dos paxaros. Magín Blanco, 2017. Desconexión. Xurxo Cortázar, 2017. Raclette. Ibuprofeno Teatro, 2016. A órbita do Lucecú. Lucecús Teatro, 2015. O Furancho. Ibuprofeno Teatro, 2015. Gala de entrega dos Premios María Casares 2014. Fitness. Ibuprofeno Teatro, 2013. Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios. Ibuprofeno Teatro, 2012. 0.7% Molotov. Teatro de Ningures, 2011. A filla de Woody Allen. Ibuprofeno Teatro, 2010. Axudante de dirección en Atra bile de Laila Ripoll. Teatro de Ningures, 2009. Codirector da Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) dos espectáculos: Eclipses, de Manuel Lourenzo, 2010. Os figurantes, de J. Sanchís Sinisterra, 2009. Top Girls, de Caryl Churchill, 2008. Nosa señora das nubes, de Arístides Vargas, 2007. Gordiñas, de Gustavo Ott, 2006. Picnic, de Fernando Arrabal, 2005. Mórdeme, de Inma Antonio Souto, 2004. A balada do cárcere de Circe, de Elena Cánovas, 2002.

Obra dramática

Teatro O charco de Ulises. Becado en Iberescena 2010. Editado por Artezblai 2012. Estreada polo CDG en 2021 Premio. Para La Quintana Teatro en coprodución co CDG, 2020 O mel non caduca. Para Ibuprofeno Teatro, 2020 O monte das aras. Para Teatro de Ningures, 2020 Lambetadas. Para Talía Teatro, 2019 (xunto a María Canosa e Sechu Sende) O ronco do carneiro, 2019. Editado por Ed. Positivas e CDG (DramaturXa 2019) Contiños da Terra. Adaptación dramatúrxica da novela de Marnuel García Barros. Para a EMAEC, Concello da Estrada, 2018 Invisibles. Adaptación da novela de Montse Fajardo. Para Redrum Teatro, 2018 O camiño dos paxaros. Para Magín Blanco, 2017 Desconexión. Para Xurxo Cortázar, 2017 O Furancho. Para Ibuprofeno Teatro, 2015 Raclette. Estreado por Ibuprofeno Teatro, 2016. Premio Álvaro Cunqueiro 2014 (Agadic), Premio María Casares 2017 Mellor Texto Orixinal, Finalista Premio Max 2017 Mellor Texto. Smoke on the water. Premio de teatro MOME Varela Buxán 2013.

Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios. Para Ibuprofeno Teatro, 2012. Premio María Casares 2013 a Mellor Texto Orixinal

Homes, mulleres... o paraíso terreal. Para Teatro de Ningures, 2010 A filla de Woody Allen. Para Ibuprofeno Teatro, 2010. Finalista nos Premios Max 2012 a Mellor Autor Galego Os cómicos dell'auto. Para Teatro de Ningures, 2009. Nominado nos María Casares 2010 a Mellor Texto Orixinal 0.7% Molotov. Premio Rafael Dieste para textos teatrais (2009). Ed. Deputación da Coruña (2010). Estreado por Teatro de Ningures en 2011. Finalista nos Premios Max 2012a Mellor Autor Galego. Nominado nos Premios María Casares 2012 a Mellor Texto Orixinal Casa O'rei, traxicomedia gastronómica. Ed. Morgante, 2010 Hamster. Seleccionado nos III Encontros de Magalia 2008. Editado no nº 60 da Revista Galega de Teatro. Estreado pola Sala Triángulo de Madrid no 2009 Des-memoria-2. Para Disquedanza, 2009

Obras colectivas Banqueiros (2012, Laiovento). Intercom Baby. VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega (Premio do público) 2012.

Premios Premio de teatro MOME Varela Buxán en 2013 por Smoke on the water. Premio Álvaro Cunqueiro no 2014 por Raclette.

Categoría:Actores de Moaña Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Actores de dobraxe de Galicia