O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de celebrouse no Autódromo de Bugatti o 2 de xullo de 1967. Foi o primeiro Gran Premio de Francia, que se celebrou en Le Mans desde a primeira carreira en 1906 e ata , foi a única vez que o Circuíto Bugatti se utilizou para o Gran Premio de Francia.
O circuíto de Bugatti utiliza o pit da recta principal de Le Mans, que en 1967 non tiña a chicane Dunlop, logo viraba á dereita en "La Chapelle" seguido dunha curva interior a esquerdas, "Le Musée", seguida logo doutra curva a dereita, "Garage Vert", que daba á recta de atrás, a única característica distintiva era a "Chemin Aux Boeups", unha curva a esquerda (agora unha chicane esquerda-dereita), antes de regresar á recta de boxes a través das curvas "S Bleu" e "raccordement" preto da entrada a boxes. O circuíto era aburrido e foi universalmente impopular entre os pilotos e os espectadores con só 20.000 asistentes á carreira, algúns pilotos expresaron en privado o seu desexo de que a carreira se levara a cabo na totalidade dos 13´461 quilómetros de longo do Circuíto da Sarthe, onde a recta de Mulsanne de 5´7 km. era 1´3 km máis longa que todo o circuíto de Bugatti.
Nese momento, os circuítos con lonxitudes de 10 km ou máis eran comúns nos Grandes Premios, cos 14´120 km. de Spa-Francorchamps utilizado para o Gran Premio de Bélxica, e os infames 22´835 quilómetros de Nürburgring utilizado para o Gran Premio de Alemaña, así que moitos pilotos querían usar o circuíto completo das 24 Horas considerándoo como o lugar adecuado para a carreira.
Informe da carreira Graham Hill estaba na pole e liderou a primeira volta ata que Jack Brabham o pasou. Na volta 7 Jim Clark tomou o liderado e Hill pasou a Brabham para facer un 1-2 de Lotus. Hill retomou o liderado ata que a coroa e o piñón da roda fallaron na volta 14. O mesmo problema causou a retirada de Clark da cabeza na volta 23, quedando Brabham por diante de Dan Gurney, Chris Amon e Denny Hulme. Na volta 41 o circuíto de combustible do coche de Gurney rompeuse, polo que quedou un 1-2 para Brabham, o cable do acelerador Amon rompeu varias voltas máis tarde. Brabham chegou á meta tranquilamente, gañando a súa primeira carreira logo de oito grandes premios sen gañar, por 49´5 segundos e xustificando a súa posición como Campión do Mundo.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Jack Brabham Brabham-Repco 80 2:13:21.3 2 9 2 4 Denny Hulme Brabham-Repco 80 + 49´5 6 6 3 10 Jackie Stewart BRM 79 + 1 volta 10 4 4 18 Jo Siffert Cooper-Maserati 77 + 3 voltas 11 3 5 15 Chris Irwin BRM 76 Motor 9 2 6 14 Pedro Rodríguez Cooper-Maserati 76 + 4 voltas 13 1 NC 16 Guy Ligier Cooper-Maserati 68 Non clasificado 15 Ret 2 Chris Amon Ferrari 47 Acelerador 7 Ret 9 Dan Gurney Eagle-Weslake 40 Fuga gasolina 3 Ret 12 Jochen Rindt Cooper-Maserati 33 Motor 8 Ret 8 Bruce McLaren Eagle-Weslake 26 Encendido 5 Ret 6 Jim Clark Lotus-Ford 23 Diferencial 4 Ret 17 Bob Anderson Brabham-Climax 16 Encendido 14 Ret 7 Graham Hill Lotus-Ford 13 Diferencial 1 Ret 11 Mike Spence BRM 9 Palier 12
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Denny Hulme 22 10px 4 2 Jack Brabham 16 10px 1 3 Pedro Rodríguez 12 10px 1 4 Chris Amon 11 10px 1 5 Jim Clark 10
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Brabham-Repco 27 10px 2 Cooper-Maserati 17 10px 3 3 BRM 11 10px 1 4 Ferrari 11 10px 1 5 Lotus-Ford 10
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Francia Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1