Unha canecaVer a definición de caneca no dicionario da Real Academia Galega. é unha variedade de recipiente semellante a un vaso, mais cun saliente chamado "asa". Ao contrario da cunca, que ten a base inferior máis pequena que a abertura superior, a caneca ten xeralmente forma cilíndrica. Diferéncianse das xerras e dos canecos principalmente polo seu menor tamaño e a ausencia de bico.
Función A caneca é un recipiente resistente, destinado para almacenar líquidos en temperaturas elevadas, como café, té, chocolate quente ou leite. Hoxe en día é común tamén un tipo de caneca, feita de vidro, destinada principalmente ao consumo de cervexa.
Materiais As canecas son feitas tradicionalmente de cerámica, mais hoxe en día existen canecas de vidro resistente a choques térmicos, de plástico ou de metais, como aceiro e aluminio.
Notas
Categoría:Utensilios de cociña