Este artigo trata sobre a planta froiteira, para a froita en si véxase: Kiwi (froita).

A planta do kiwi (Actinidia deliciosa) é unha planta rubideira orixinaria dunha grande área da China, especialmente dos bosques do val do río Yangtzé, introducida en Nova Zelandia en 1904 e dende entón cultivada en moitas rexións temperadas polo seu froito comestíbel, o kiwi. A finais dos anos 60 comeza o cultivo en Galiza, sendo hoxe un dos froitos máis exportados, con grandes plantacións, especialmente na provincia de PontevedraEl País Hemeroteca -http://elpais.com/diario/2004/12/05/eps/1102231612_850215.html.

O nome de «kiwi» foille outorgado en Nova Zelandia, posibelmente pola semellanza de aspecto entre a froita cuberta de vilosidades e a ave kiwi.

Descrición O kiwi é unha planta rubideira vizosa e lígnea, de folla caediza e porte arbustivo que pode acadar os 9 m de longo.Purdue University:Kiwifruit(Actinidia deliciosa) As follas, duns 7,5 a 12,5 cm de longo, son alternas, longamente pecioladas, de forma oval ou case circular e cordadas na base. As follas novas fican cubertas dunha camada aveludada de pelos avermellados, mentres que as adultas carecen de tal vilosidade, coa face superior de cor verde escura e a anversa abrancazada con prominentes nervios de cor clara.Asflores son recendentes, de 2,5 a 5 cm de diámetro, son dioicas ou bisexuais e xorden solitarias ou en grupos de tres nas axilas das follas. Teñen 5 ou 6 pétalos de cor branca ao se abrir, tornándose despois amarelos. Os estames son moi numerosos nas flores de ambos os dous sexos, malia careceren de pole viábel no caso das femias; ademais ningunha das dúas contén néctar. right|miniatura|200px|Detalle da folla Por seren plantas dioicas (flores masculinas e femininas en diferente planta) cómpre plantarmos os dous sexos achegados para se producir a polinización, esta é feita polas abellas; nas plantaciones adóitanse distribuír colmens para axeitar esta tarefa.

O froito (o kiwi) é unha baga oval dunss 6,25 cm de longo, coa pela magra de cor verde acastañada e densamente cuberta duns peliños rexos e curtos de cor marrón. A polpa, firme até madurar completamente, é normalmente de cor verde brillante zumarenta e con diminutas sementes negras dispostas arredor dunha cor abrancazada. Ten un sabor subacedo a bastante acedo, semellante ao da grosella ou do amorodo. Adoita ser un alérxeno frecuente, especialmente a pela.

A maduración da froita dáse a principios de abril.

Historia miniatura|200px|right|Flor

O kiwi que coñecemos hoxe en día non se asemella ao seu devanceiro, máis miúdo e redondo e de peor sabor. A testemuña máis antiga do uso do kiwi, como planta froiteira e ornamental remóntase á dinastía Ming no ano 1200 a. de C. A primeira referencia do seu uso coma medicinal remite ao 300 a. de C. O kiwi non tivo difusión fóra da China até mediados do século XX, cando se desenvolve comercialmente en Nova Zelandia.

Na antiga China coñecíase coma yang tao, ou froita do tao, e medraba bravo nos bosques de ribeira ao longo do río Changjiang, na China oriental. En 1847, Robert Fortune, un coleccionista da Royal Horticultural Society de Inglaterra, mandou exemplares á casa, onde os bautizou botanicamente coma Actinidia chinensis. Medio século máis tarde foron as súas sementes as que viaxaron até o Reino Unido, os Estados Unidos, Francia etcétera.

As primeiras sementes de Actinidia chinensis chegaron a Nova Zelandia a comezos do século XX. Varios horticultores cultiváronas sen moitas esperanzas. Algúns curiosos plantaron exemplares nos seus eidos e pomares. Desenvolvéronse así distintas variedades, entre elas a Hayward, a que comemos hoxe en día, e aos poucos foise popularizouse coma froito novidoso. Consumíase en xuño, un mes no que escaseaba a froita na illa, e conservábase ben, así que algúns cultivadores de limóns comezaron o cultivo profesional. Vic Bayliss, de Te Puke, na baía de Plenty, deixou que os seus tres fillos se encargasen dunhas viñas que tiña practicamente desleixadas para pór a nova planta de kiwi. En 1930, atraído polo prezo ao que os irmáns Bayliss estaban a vender esa estraña froita, Jim McLoughlin, un exempregado dunha compañía naval, plantou a primeira coutada de relevancia de grosellas chinesas, como as chamaban daquela.

Ao rematar a segunda guerra mundial, o goberno neozelandés prohibiu importar froita, o que aumentou o consumo das tales grosellas chinesas. En 1950 existían xa 30 hectáreas de kiwis, que producían 50 toneladas. En xullo de 1952, un barco refrixerador cheo de limóns e mais unha vintena de bandexas de grosellas chinesas partiu do porto de Auckland (Nova Zelandia) con destino a Londres, onde arribou cinco semanas máis tarde. Era a primeira exportación de kiwis propiamente dita, e os neozelandeses descubriron que conservados a cero graos, e lonxe de mazás ou de calquera froito que desprenda etileno, os kiwis podían resistir as longas viaxes cara ao outro hemisferio.

Durante as dúas décadas a seguir, o froito -xa bautizado de kiwi por motivos comerciais- deuse a coñecer ao resto do planeta. Non foi doado convencer os compradores de que aquel "ovo viloso" era un froito rico e san. En setembro de 1959, varios xornais estadounidenses publicaron unha foto do dirixente soviético Nikita Khrushchev a comer kiwis durante unha recepción. Dous anos máis tarde, os 30 000 socios do club A Froita do Mes, afeccionados aos novos espécimes, recibiron unha caixa coa "xigante baga kiwi" acompañada dun aviso: "Fai o teu pedido agora. Son máis escasos que as xanelas dos submarinos".

Historia en Galiza miniatura|Froitos. A finais dos anos sesenta, o empresario galego Xosé Fernández López tivo coñecemento dun froito feo, pero saboroso, procedente de Nova Zelandia, que se estaba a vender con éxito en Alemaña. O que lle atraeu non foi o exotismo, senón que botou contas e os supermercados alemáns estaban a vender a froito a máis de 1,5 € por peza, o que convertía a baga peluda nun bo negocio. O clima case tropical das Rías Baixas galegas -húmido, chuvioso e de temperaturas moderadas- podía resultar tan idóneo para o seu cultivo como o da baía de Plenty, na outra punta do planeta.

Carlos del Río, o outro home clave na historia do kiwi, medrou nunha casa á beira da de Fenández López. Dende que finalizara os seus estudos de enxeñaría técnica agrícola traballaba para o seu veciño nunha empresa agraria de valor irrelevante no conglomerado do imperio de Fernández. Un día decidiu experimentar co novo froito; Xosé Fernández López puxo o diñeiro, e Del Río o coñecemento técnico. En 1969, Del Río plantara cen exemplares de kiwi nunha pequena leira de 3.000 metros cadrados en Gondomar (Pontevedra). Ninguén coñecía o froito, non había libros ou especialistas aos que consultar, e o técnico afrontou con temor as primeiras xeadas e imprevistos. Finalmente, Del Río, que estaba convencido de que Galiza podía se converter no "reino do kiwi no hemisferio norte", emprendeu unha viaxe a Nova Zelandia para adquirir máis coñecementos sobre o cultivo.

A escaseza do froito era a responsábel de que o prezo fose tan alto en países como Alemaña. Cando Fernández tivo coñecemento do kiwi só había dous anos que comezara a consumirse en Francia e Alemaña. Tras aquel primeiro ensaio, Fernández fundou Productores de Actinidias Chinensis, SA, que exportaba kiwis a Alemaña a 100 pesetas a peza co reclamo "Kiwis aus Galicien". Del Río velaba as plantacións, aínda que non puido evitar que os primeiros curiosos intentasen facer as súas propias plantacións. Mais estes atopáronse o problema de que o único xeito de obter exemplares e recomendacións técnicas era por medio de Productores de Actinidias Chinensis, SA, que ofrecía isto a cambio de lles vender a colleita por vinte anos; polo que moi poucos aceptaron.

No verán de 1981, Vicente Villar, un mozo que traballa no viveiro de seu pai, viaxa a Francia para mercar plantas de kiwi, onde descobre que non é un mercado secreto. Mercou nun viveiro galo 7.000 plantas que vendeu en Galiza, abrindo o mercado. Nesas mesmas datas a froita gaña popularidade grazas ás campañas publicitarias sobre as súas propiedades saudábeis. Carrefour España estrea o kiwi nas súas froitarías en 1982, a un prezo de entre 99 e 125 pesetas a peza, e Eroski, que en 1980 vendía 10 toneladas de kiwis mensuais, triplica as vendas.

Entre 1982 e 1987, o seu cultivo espállase por Galiza, especialmente en Pontevedra, e sobe a superficie cultivada de 45 a 357 hectáreas. Carlos del Río publica en 1979 o libro: Kiwi, el fruto del futuro. Empresarios e traballadores comezan a plantar kiwis. A Administración, porén, non apoia un cultivo que considera elitista.

A competencia produtiva noutras zonas do hemisferio norte fai que no ano 1992 baixen os ingresos dos produtores galegos, que chegaron a cobrar o quilo de kiwis a tan só 40 pesetas. Coa caída do prezo, cae tamén a reputación da froita. Nos anos 90 os países produtores partillan o mercado: Nova Zelandia e Chile, entre xuño e novembro, a a partir de decembro a guerra dáse entre Italia, Francia, Grecia, Xapón, Estados Unidos, Portugal e Galiza. Algúns, sobre todo italianos e gregos, intentaron burlar o resto apañando os kiwis máis cedo e vendendo a froita de pésima calidade aos supermercados.

Moitos pequenos produtores venden a súa colleita a Kiwi Atlántico, unha sociedade de 105 produtores de Tomiño. España é o país que máis kiwis consome: 2,2 quilos por cabeza. A dificultade de Galiza reside no minifundismo, xa que reunir unha hectárea de terra é difícil e custoso, ademais de conseguir xornaleiros para a poda e a colleita, polo que a expansión non é doada.

Productores de Actinidias Chinensis, SA converteuse en Kiwi España, e hoxe en día produce máis de mil toneladas da froita. Xosé Fernández, morreu en 1986 sen ver a popularidade do seu descubrimento. Carlos del Río finou en 2003El País Hemeroteca.

Produción Italia lidera actualmente a produción de kiwi no mundo, seguida de Nova Zelandia, Chile, Grecia, Xapón e os Estados Unidos. O kiwi tamén é producido na súa China natal, mais non está non dez máis produtores.

En España cultívanse unhas 1.200 ha, cunha produción de 25.700 Tm. A produción en Galiza é de 22.000 Tm (practicamente toda a produción española). Tamén hai algunhas plantacións en Asturias, o País Vasco, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Consumo kiwi en España: 151.849 Tm (Importacións: 124.000 Tm; exportacións: 11.400 Tm.)Presentación sobre o cultivo do kiwi - http://www.fundacionruralcaja.es/es/pdf/curso-cultivos-alternativos-y-control-calidad/cultivo-kiwi-granado/cultivo-kiwi-granado.pdf

Cultivo Esixencias edafoclimáticas O kiwi ten que ser plantado en zonas de clima temperado, xa que é un cultivo de natureza subtropical, por este motivo dáse tan ben nas condicións das Rías Baixas galegas. Cómpre abeiralo dos ventos dominantes que poidan reducir a ancoraxe da planta ou a actividade das abellas polinizadoras. A temperatura óptima é arredor de 25-30 °C cunha humidade relativa alta de abondo que oscile sobre o 60%. Recoméndase unha achega de auga en datas de actividade vexetativa sobre todo nos meses de verán cunha cantidade aproximada de 1000 mm2/m cada mes. Emprégase o sistema de rega por microaspersión con baixa presión. Os solos deben ser fondos e ben drenados, permeábeis e ricos en materia orgánica. É moi sensíbel á asfixia radicular polo que cómpre evitar o asolagamento do terreo. Labores empregadas para este problema é o uso de tubos porosos soterrados, apertura de cales etc. Os solos ideais son os franco areentos, sen presenza de cloruros por mor a que kiwi amosa certa sensibilidade aos mesmo. O pH entre 6-7 e pouca presenza de cal. Elección do material vexetal Variedades A nivel mundial existen dúas variedades princiapis: Actinidia deliciosa var. chlorocarpa Actinidia deliciosa var. deliciosa