Scala é unha linguaxe de programación multi-paradigma deseñada para expresar padróns comúns de programación de forma concisa, elegante e con tipos seguros. Integra sutilmente características das linguaxes funcionais e orientadas a obxectos. A posta en funcionamento actual execútase na máquina virtual de Java e é compatible coas aplicacións Java existentes.
Características Orientación a obxectos Scala é unha linguaxe de programación orientada a obxectos puro, no sentido de que cada valor é un obxecto. O tipo e comportamento dos obxectos descríbese por medio de clases e traits. A abstracción de clases realízase estendendo outras clases e usando un mecanismo de composición baseado en mixins como unha substitución limpa da herdanza múltiple.
Ola Mundo Este é o famoso Ola Mundo escrito en Scala:
object OlaMundo { def main(args: Array[String]) = println("Ola mundo")
Véxase tamén Ligazóns externas Sito web de Scala . Documentación .
Categoría:Linguaxes de programación