Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello ourensán de Lobeira, na comarca da Baixa Limia. Segundo o INE e o IGE en 2021 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres). Isto supón un descenso con respecto ao ano 2011, cando tiña 57 habitantes (22 homes e 35 mulleres).

Gaiás na literatura popular Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para Facós (1973): Cantigueiro popular da Limia Baixa. Vigo, Ed. Galaxia. Entre Gaiás e Facós hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Facós cara Gaiás Canta cuco, canta cuco,/ na rabiza do arado;/ que as mulleres de Gaiás/ ten a cara de borrallo Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás Ó carballo caille a folla/ i ó castiñeiro o ourizo;/ as mociñas de Gaiás/ todas ten o tortorizo Xaquín Lorenzo Fernández, 116. Tortorizo é mareo por andar dando voltas, pero pode facer alusión a unha enfermidade das ovellas, chamada teo, caracterizada por movementos circulares continuos..

Lugares e parroquias Lugares de Santa Cruz de Grou

Parroquias de Lobeira

Notas

Categoría:Lugares de Lobeira