The Cosmonaut é unha película española de ciencia ficción. Está feita e distribuída baixo Creative Commons, e foi financiada por máis de cinco mil persoas.
A película foi estreada o 18 de maio de 2013 en multiplataforma: cinema, tv, Internet, DVD e distribución en aberto. A película foi rodada en Letonia, Rusia e España.
O proxecto comezou en 2008 cunha curtametraxe chamada A Viaxe do Cosmonauta. Dende entón o proxecto foi virando e concretándose ata unha película con miles de produtores e un proxecto aberto a CC.
Sinopse En 1967 dous mozos amigos, Stas e Andrei, chegan á Cidade das Estrelas, unha nova construción cerca de Moscova onde preparan os cosmonautas adestrados para ir ao espazo. O obxectivo: superar os estadounidenses na carreira espacial enviando a un home á Lúa. Alí coñecen a Yulia, unha técnico de comunicacións coa que fai amizade e un posible amor que non chega a concretarse.
No seu regreso á Terra atópase cun planeta desfeito por unha catástrofe descoñecida. Mais na base no planeta Terra pensan que se perdeu na viaxe de volta, e alí só chegan mensaxes del dicindo que a Terra está destruída.
Protagonistas Katrine De Candole: Yulia Leon Ockenden: Stas David Barrass: Chelomei Max Wrottesley: Andrei Greg Blackford: Nikolai Lee Cheney: Sergei Steve Galache: Sasha Guy Williams: Kamanin
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da película . Trailer
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España