Russell Dean Lissack, nado o 11 de marzo de 1981, é un músico inglés coñecido por ser o principal guitarrista da banda de indie rock Bloc Party. Lissack tamén toca no grupo de música electrónica Pin Me Down; un dúo con Milena Mepris. Recentemente uniuse á banda norteirlandesa Ash como guitarrista de xira.

Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Londres