A provincia de Chubut é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 506.668 habitantes (2010) e a súa capital é Rawson, sendo a cidade máis poboada Comodoro Rivadavia.

Situada na Patagonia, entre os paralelos 42 e 46 de latitude sur, limita polo norte coa provincia de Río Negro, polo leste co mar Arxentino, polo sur con Santa Cruz e polo oeste coa República de Chile.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Provincia de Chubut