No deseño de padróns, o padrón DAO (Data Access Object) dispón dunha interface para os mecanismos de persistencia dos datos aínda que comunmente se emprega para o uso das bases de datos. Aínda que este padrón de deseño e aplicable na maioría dos linguaxes de programación, asociase tradicionalmente con aplicacións Java EE e as bases de datos relacionais accedese a través da API JDBC, debido a súa orixe en Sun Microsystems para esta plataforma.
Contexto Dentro da maioría das aplicacións necesitase gardar os datos de maneira persistente para que o saír da aplicación os datos poidan estar almacenados dalgunha forma e nalgún lugar (xa sexa unha base de datos obxectual, unha base de datos relacional, arquivos XML...) para que o volver a usar a aplicación esta poida cargalos e continuar traballando con eles. Para cada mecanismo de almacenamento existen múltiples formas de acceder aos datos e isto e algo que a lóxica de negocio non lle debería de afectar e por iso necesitase abstraer todo ese coñecemento e “envolvelo” nunha capa.
O padrón DAO (Obxecto de Acceso a Datos) mostra unha maneira de encapsular ese coñecemento e así evita que a lóxica de negocio coñeza esa tarefa, de tal maneira que se nalgún intre requirise cambiar a maneira de acceder aos datos non afecte a lóxica de negocio. A información que se obtén das fontes de datos é convertida (ou encapsulada) nun obxecto de tipo TransferObject (ou unha colección deles), que, simplificando non son máis que “caixas de información”.
centro|800px
Manexando múltiples fontes de datos: Padrón Factory En ocasión pode ocorrer que unha aplicación necesite facer uso de varias fontes de datos, o que se traduce en ter varios mecanismos para ter a información. Supoñamos que necesitamos acceder aos datos de tres formas distintas: unha mediante arquivos TXT, outra mediante ficheiros XLS e a última de todas cunha base de datos relacional, as cales gardan información sobre usuarios. O padrón Factory soluciónanos o problema de procurar que a capa de negocio non coñeza a maneira en que se obtén os datos.
centro|800px
Agora mostrase un pouco de código en Java para poder ter unha idea de como é a implementación:
Clase FactoryDao public abstract class FactoryDao { public static final int TXT_FACTORY = 1; public static final int XLS_FACTORY = 2; public static final int ORACLE_FACTORY = 3;
public abstract UserDao getUserDao();
public static FactoryDao getFactory(int key) { switch (key) { case TXT_FACTORY: return new TxtFactoryDao(); case XLS_FACTORY: return new XlsFactoryDao(); case ORACLE_FACTORY: return new OracleFactoryDao(); default: throw new IllegalArgumentException();
A clase FactoryDao é a que realiza a creación dos obxectos FactoryDaoX a través do método estático getFactory(int) para cada unha das fontes de datos e obriga as subclases que teñan unha implementación do método getUserDao().
Interface UserDao public interface UserDao { User search(String name); void insert(User user); void delete(User user); }
Clase OracleFactoryDao public class OracleFactoryDao extends FactoryDao { @Override public UserDao getUserDao() { return new OracleUserDao();
Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso unha base de datos de Oracle).
Clase XlsFactoryDao public class XlsFactoryDao extends FactoryDao { @Override public UserDao getUserDao() { return new XlsUserDao();
Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso unha folla de cálculo de Microsoft Excel).
Clase TxtFactoryDao public class TxtFactoryDao extends FactoryDao { @Override public UserDao getUserDao() { return new TxtUserDao();
Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso un arquivo de texto plano).
Clase OracleUserDao public class OracleUserDao implements UserDao { private ConnectionDao cn;
public OracleUserDao() { cn = ConnectionDao.getInstance();
public User search(String name) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void insert(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void delete(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (unha base de datos en Oracle).
Clase XlsUserDao public class XlsUserDao implements UserDao { private String path;
public XlsUserDao(String path) { this.path = path;
public User search(String name) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void insert(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void delete(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (unha folla de cálculo en Microsoft Excel).
Clase TxtUserDao public class TxtUserDao implements UserDao { private String path;
public TxtUserDao(String path) { this.path = path;
public User search(String name) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void insert(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
public void delete(User user) { throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (un arquivo en texto plano).
Clase User public class User { private String name; private String lastname; private int age;
//getter's & setter's } É a clase mediante a que se transforman os datos procedentes das distintas fontes de datos
Clase Client public class Client { private FactoryDao factory = FactoryDao.getFactory(FactoryDao.TXT_FACTORY); private UserDao userDao = factory.getUserDao();
public User search(String name) { return userDao.search(name);
public void insert(String name, String lastname, int age) { User user = new User(); user.setName(name); user.setLastname(lastname); user.setAge(age); userDao.insert(user);
Na clase Client podemos ver que é a que decide que fonte de datos empregar mediante o método getFactory(int) o cal retorna un obxecto que implementa a interface UserDao. O resto de operacions sobre UserDao son transparentes para a clase Client xa que non coñece o proceso que se require para obter e gardar a información.
Usos Para abstraer e encapsular os accesos os datos. Para xestionar as conexións as fontes de datos. Para poder ter os datos almacenados.
Padróns comunmente relacionados co padrón DAO Transfer Object: a información que se envía/recibe do DAO “empaquetase” nestes obxectos. Factory: co obxecto de conseguir a independencia no almacén dos datos, comunmente emprégase este padrón para instanciar os DAOs.
Vantaxes Os obxectos non necesitan coñecer a maneira directa o destino nin a maneira na que se manipula a información. Baixase o nivel de acoplamento entre as clases, reducindo a complexidade de realizar cambios. Íllase as conexións a fonte de datos nunha capa doadamente identificable e mantible.
Véxase tamén Ligazóns externas Core J2EE Patterns - Data Access Object Oracle.com . Core J2EE Patterns El Patrón DAO . Patrón de diseño DAO .
DAO