David Suchet, CBE, nado o 2 de maio de 1946 en Londres, é un actor británico de televisión, cinema e teatro.

Traxectoria

Un dos seus principais papeis foi na serie televisiva Poirot, no que interpretaba este famoso detective belga Hercule Poirot, dando vida ao personaxe creado por Agatha Christie. Participou tamén, en 2007, na película Flood no papel de vice primeiro ministro. En 2008 gañou o Emmy de Mellor Actor Internacional polo papel na película de TV Maxwell, onde fixo Robert Maxwell. David Suchet fixo este papel de Hercule Poirot no inicio da súa carreira, continuando aínda hoxe a gravar máis episodios desta serie (os últimos).

Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Londres