O emblema nacional de Tailandia (en tailandés: ตราแผ่นดินของไทย), chamado Phra Khrut Pha (transl. de: พระครุฑพ่าห์; do tailandés: Garudá como vehículo (de Vishnu)) foi adoptado oficialmente como emblema nacional do rei Vajiravudh (Rama VI) en 1911, sendo o símbolo da autoridade do monarca e doutros membros da familia real.
Garudá é unha figura mítica no hinduísmo e no budismo. No escudo tailandés e nos estandartes dos membros da familia real aparece representado como unha criatura de cor vermella que porta unha coroa. Ten un torso e brazos humanos e unhas patas e plumas de ave. Neste emblema fai referencia ao Krut Pha, é dicir, Garudá actuando como vehículo do deus Vishnu. Garudá tamén aparece no Escudo de Indonesia e no da cidade de Ulán Bátor, capital de Mongolia.
Historia En 1873, o rei Chulalongkorn de Siam (Rama V) decidiu adoptar un escudo de armas co estilo que posuía a heráldica en Occidente. Aproximadamente corenta anos despois o mesmo monarca decidiu que había que modificar de novo o escudo porque posuía un carácter excesivamente occidentalizado e non figuraba no mesmo o Garudá, que fora o símbolo da autoridade real dende os tempos do Reino de Ayutthaya.
Chulalongkorn encargou ao seu irmán, o príncipe Naris, realizar un novo brasón. O príncipe Naris deseñou unhas armas nas que figuraban Garudá, Nāga e o deus Vishnu. Estas armas aparecían colocadas dentro dun círculo, co deseño característico dun selo, foron utilizadas durante un curto período posto que o monarca solicitou que se retirasen as imaxes de Vishnu e Nāga.
Despois do reinado de Chulalongkorn, o rei Vajiravudh ordenou crear unha nova versión do escudo. Esta contiña as armas do rei Chulalongkorn ás que se engadiu outro bordo na súa parte exterior para incluír o nome cerimonial do monarca. Desta forma, cando era coroado un novo rei, modificábase o escudo para incluír o nome cerimonial que lle correspondese. En 1935, despois da abdicación do rei Prajadhipok, o novo rei Ananda Mahidol non chegou a ser coroado, o seu nome cerimonial non foi engadido ao escudo e este non volveu figurar nas armas dos monarcas tailandeses.
Na súa versión actual, o emblema nacional tailandés consiste nunha imaxe de Garudá sen ningún círculo. Realízanse esculturas do Garudá Real, que son concedidas polo monarca tailandés como distintivo da autorización real a compañías que gozan da súa confianza e coas que realiza contratos comerciais.
170px 170px 170pxSelo de Siam, coas imaxes de Garudá, Nāga e Vishnu. Utilizado como selo real antes do reinado de Rama V.Selo de Siam. Versión deseñada polo príncipe Naris para substituír o escudo utilizado entre 1871.Versión actual do selo real tailandés. Engádeselle o nome cerimonial de cada monarca na súa parte exterior.
O escudo de Rama V miniatura|250px|Escudo do monarca tailandés de 1873 a 1910. Entre 1873 e 1910 Siam contou cun escudo co estilo característico da heráldica occidental. Este escudo foi adoptado durante o reinado do rei Chulalongkorn (Rama V), que encargou ao seu primo o príncipe Pravij Jumsai elaborar un escudo de estilo europeo. Este escudo, que foi coñecido como o escudo de armas do Rei de Siam (en tailandés: พระราชลัญจกรประจำแผ่นดินสยา), contou cos elementos propios da tradición heráldica europea. A súa descrición ou brasoamento é a seguinte:
miniatura|140px|Emblema da Dinastía Chakri, composto polos símbolos do Chakra e do Trisula. O elefante de tres cabezas, coñecido como Erawan (เอราวัณ), denominado Airavata polos hindús, é o vehículo do deus Indra. As tres cabezas simbolizan o norte, o centro e o sur de Siam. O elefante que representa a Laos alude á denominación nativa do territorio "Lan Xang", a terra dun millón de elefantes. As Kris do brasón de Malaisia son un tipo de daga empregado no Sueste Asiático. Os dous soportes do escudo, o león-elefante ou Kojasiha (คชสีห์) e o "Rei dos Leóns" ou Rajasiha (ราชสีห์), representan os antigos departamentos "Kalahom" (actual Ministerio de Defensa) e "Mahatthai" (Ministerio do Interior). A Gran Coroa da Vitoria, a Espada da Vitoria, o bastón, os parasois de sete niveis e as pantuflas indias (situadas sobre a terraza) son as insignias reais tailandesas. Os emblemas alusivos ao Chakra e ao Trisula, outra insignia da Dinastía Chakri, son dous símbolos relixiosos hindús e budistas con forma de tridente. A Orde das Nove Xemas representa ao Budismo e a Orde de Chula Chom Klao contén na súa insignia un retrato do rei Chulalongkorn. O manto que adorna o escudo é o da Orde de Chula Chom Klao, a cor rosa da cinta simboliza o día do nacemento do rei Chulalongkorn.
Este escudo foi retirado en 1910 ao considerar que posuía un estilo demasiado occidentalizado. Esta decisión tamén puido responder a que Siam foi obrigada a renunciar a Laos polos franceses (entre 1893 e 1904) e a Malaisia polos británicos (en 1909). O escudo de 1873 continúa figurando na insignia utilizada nos chaopeus da Policía Real Tailandesa e é o emblema da Real Academia Militar de Chulachomklao.
Véxase tamén Outros artigos Tailandia Bandeira de Tailandia Garudá
Ligazóns externas Información sobre Phya Khrut
Tailandia, Escudo de Categoría:Símbolos de Tailandia