Carlos Cortés Rey, nado o 28 de agosto de 1974 na Coruña, é un árbitro internacional galego de baloncesto.

Traxectoria En 2005 convértese en árbitro de primeira división no baloncesto español e comeza a arbitrar partidos na ACB. En 2010 dá o paso para converterse en árbitro internacional, cando leva arbitrados 115 encontros na ACBTres árbitros gallegos en la ACB , El Correo Gallego, 16/04/2010.. A súa progresión nese ámbito lévao a ser seleccionado para os Xogos do Mediterráneo 2013 que se disputaron na cidade turca de Mersin.

É ademais director técnico do Comité Galego de Árbitros. En 2013 recibiu da Xunta de Galicia o premio Deporte Galego ao mellor árbitro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conta de Twitter de Carlos Cortés.

Categoría:Árbitros de baloncesto Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Árbitros de Galicia