As Estafilococáceas ou Staphylococcaceae son unha familia de bacterias grampositivas entre as que se inclúe o xénero Staphylococcus, que contén un patóxeno humano clinicamente importante.
Características A familia Staphylococcaceae tal como foi descrita en 2010 está composta por bacterias grampositivas heterótrofas cun contido G+C baixo, igual que en todas as Firmicutes, non formadoras de esporas. Todas as especies desta familia son normalmente anaerobias facultativas e con forma de cocos (no xénero Gemella hai tamén bacilos) e inmóbiles. Reducen nitratos a nitritos e amonio (desnitrificación) se non hai oxíxeno dispoñible, e o nitrato funciona como aceptor de electróns na respiración anaerobia que ten lugar durante a desnitrificación.
Xéneros incluídos Os cinco xéneros Jeotgalicoccus, Macrococcus, Nosocomiicoccus, Salinicoccus e Staphylococcus están incluídos na LPSNJ.P. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature - familia Staphylococcaceae nesta familia, mentres que a posición de Gemella, outro xénero da orde Bacillales, é máis complicada. Staphylococcus Rosenbach 1884, xénero tipo Gemella Berger 1960 Jeotgalicoccus Yoon et al. 2003 Macrococcus Kloos et al. 1998 Salinicoccus Ventosa et al. 1990 Nosocomiicoccus Morais et al. 2008
Notas
Paul Vos, George Garrity, Dorothy Jones, Noel R. Krieg, Wolfgang Ludwig, Fred A. Rainey, Karl-Heinz Schleifer, William B. Whitman: Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 3: The Firmicutes. ISBN 978-0-387-95041-9 M. Dworkin (Hrsg.): The prokaryotes: a handbook on the biology of bacteria: Firmicutes, Cyanobacteria, Vol. 4, 3rd ed. Springer-Verlag, Nova York, NY. ISBN 0-387-25494-3
Categoría:Bacillales