El Látigo foi un semanario editado en Xinzo de Limia en 1923.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente defensor de los derechos populares, apareceu o 27 de marzo de 1923. Fundado e dirixido por Francisco Seijo Iglesias. Celso Nieto Oliva era o redactor-xefe e entre os seus colaboradores figuraban Luciano F. Bello, Luis Seijo, Álvaro Rodríguez, José Vidal de Bustamante, Antonio Nieto Oliva e Edmundo Ballesteros. Defendeu a política do deputado polo distrito de Xinzo de Limia Luis Usera Bugallal. Cesou a súa publicación co número 13, o 3 de xullo de 1923.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Xinzo de Limia Categoría:1923 en Galicia