A floricina é un 2'-glucósido da floretina (é dicir, está formado por unha molécula de glicosa unida á floretina). Pertence ao grupo das dihidrochalconas, un tipo de flavonoides.
Distribución A floricina é un composto que aparece de forma natural nalgunhas plantas. Pode atoparse no córtex da pereira (Pyrus communis), maceira, cereixeira e outras árbores frutais (Rosaceae) e é responsable da cor dos pétalos dos caraveis Dianthus caryophyllus.Isosalipurposide on PubChem
Tamén se atopa nas follas secas de Lithocarpus litseifolius utilizada na China para facer unha infusión azucrada.Rui-Lin, N., Tanaka, T., Zhou, J., and Tanaka, O. Phlorizin and trilobatin, sweet dihydrochalcone-glucosides from leaves of Lithocarpus litseifolius (Hance) Rehd. (Fagaceae). Agricultural & Biological Chemistry 1982, 46, 1933-1934.. Atópase tamén nas follas de`plantas da familia Symplocaceae, como Symplocos vacciniifolia,Tie Jun LING, Li Dong LIN, Ping WU, Wen Hua ZHOU, Hua Gu YE, Mei Fang LIU, Xiao Yi WEI Dihydrochalcones from Symplocos vacciniifolia Chinese Chemical Letters Vol. 15, No. 10, pp 1182-1184, 2004. pdf Symplocos lancifolia e Symplocos spicataTakashi Tanaka, Kazuo Yamasaki, Hiroshi Kohda, Osamu Tanaka, S. B. Mahato Dihydrochalcone-glucosides as Sweet Principles of Symplocos ssp. Planta Med 1980; 40: 81-83. doi 10.1055/s-2008-1075008 .
Propiedades A floricina é un sólido cristalino de branco a amarelo cun punto de fusión de 106–109 °C. Ten sabor doce e contén catro moléculas de auga no cristal. Por riba dos 200 °C, descomponse. É pouco soluble en éter e auga fría, pero soluble en etanol e auga quente. Cunha exposición prolongada a solucións acuosas a floricina sofre hidrólise dando floretina e glicosa.
Farmacoloxía A floricina é un inhibidor competitivo dos cotransportadores de sodio/glicosa celulares SGLT1 e SGLT2; isto reduce o transporte de glicosa renal, diminuíndo a cantidade de glicosa no sangue. A floricina foi estudada pola súa potencial aplicación como tratamento farmacéutico para a diabetes de tipo II, pero desde entón foi superada por outros análogos sintéticos máis selectivos e prometedores, como a canagliflocina e a dapagliflocina. A floricina que se consome oralmente é convertida case enteiramente en floretina por encimas hidrolíticos do intestino delgado. Por exemplo, encima lactase cataliza a conversión de floricina a floretina e glicosa.Idris, I.; Donnelly, R. (2009). "Sodium-glucose co-transporter-2 inhibitors: An emerging new class of oral antidiabetic drug". Diabetes, Obesity and Metabolism 11 (2): 79. doi:10.1111/j.1463-1326.2008.00982.x. Crespy, V.; Aprikian, O.; Morand, C.; Besson, C.; Manach, C.; Demigné, C.; Rémésy, C. (2001). "Bioavailability of phloretin and phloridzin in rats". The Journal of nutrition 131 (12): 3227–3230. PMID 11739871. John R. White Jr. Apple Trees to Sodium Glucose Co-Transporter Inhibitors: A Review of SGLT2 Inhibition. Clinical Diabetes.
Outros usos A floricina pode utilizarse para a fabricación dun colorante amarelo rechamante, moi soluble en auga e estable, por acción do encima polifenol oxidase e oxíxeno. Este colorante chamado POP (produto da oxidación da floricina), podería ser utilizado en confeitaría, xaropes, e mesmo en cosmética substituíndo á tartracina.POP : un colorant jaune issu des pommes . Fiche de Presse Info. 14/02/2006. www.inra.fr.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Chalconoides Chalcona
Categoría:Dihidrochalconas Categoría:Glicósidos