Steve Earle, nado como Stephen Fain Earle o 17 de xaneiro de 1955, é un cantautor, produtor, autor e actor estadounidense.

Traxectoria Earle medrou preto de San Antonio, Texas, comezou a aprender a tocar a guitarra con 11 anos e iniciou a súa carreira como compositor en Nashville. Publicou o seu primeiro EP en 1982 e fíxose famoso co álbum Guitar Town, editado en 1986. Dende entón Earle lanzou 13 álbums de estudio e recibiu tres premios Grammy. Apareceu en películas e en televisión, escribiu unha novela, unha obra de teatro e un libro de relatos curtos.

Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Cantantes de Virxinia Categoría:Artistas de Geffen Records