O country rock é un subxénero da música country formado da fusión desta co rock. O termo adoita a usarse para referirse á corrente de músicos de rock que comezou a gravar discos con sabor a country a finais dos anos 60 e comezos dos 70. Estes músicos gravaron discos de rock usando temas, estilos vocais e instrumentación adicional country, destacando o uso de guitarras pedal steel.V. Bogdanov, C. Woodstra and S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: The Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Backbeat Books, 3rd ed., 2002), p. 1327.

O country rock comezou con artists como Buffalo Springfield, Michael Nesmith, Bob Dylan, Nitty Gritty Dirt Band, The Byrds, The Flying Burrito Brothers ou The International Submarine Band, acadando a súa maior popularidade nos anos 70 con artistas como Emmylou Harris, Eagles, The New Riders of the Purple Sage, Linda Ronstadt, Poco, Charlie Daniels Band, e Pure Prairie League.

O xénero tamén influenciou a artistas doutros estilos, como The Band, The Grateful Dead, Creedence Clearwater Revival, The Rolling Stones, ou o traballo en solitario de George Harrison, ademais de ser parte do desenvolvemento do rock sureño.

Notas

Categoría:Country Categoría:Rock