Navas é un dos sete barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Andreu. Cunha superficie de 0,4 km² e cunha poboación de 21.258 habitantes (2008) é un dos barrios máis recentes de Sant Andreu.
Abarca parte dos antigos territorios do Clot e da Sagrera, a banda e banda da avenida Meridiana. A rúa Navas de Tolosa é a vía central e a que dá nome ao barrio e limítao; doutra banda, a rúa Felip II fai de linde natural con La Sagrera. O centro neurálxico do barrio é a praza Ferran Reyes, situada sobre a Meridiana. Preside a praza a igrexa parroquial de Sant Joan Bosco.
O barrio claramente dividido en dúas partes pola avenida Meridiana, conta coa Banda Muntanya, unha parte constituída por rúas que conservan a trama do ensanche de Ildefons Cerdà, mentres que outra parte forma un conxunto moi popular chamado "casas do gobernador". Situada na parte superior da Meridiana, chega ata o eixo da Praza Maragall.
Por debaixo da avenida Meridiana atopamos a chamada Banda Mar, coa Praza Islàndia, a rúa de Bofarull, que cruza o barrio de lado a lado, ata a rúa Mallorca e a Torre del Fang, casa de finais do século XI situada xa no adxacente barrio de La Sagrera.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas
Navas, na web do Concello de Barcelona
Categoría:Sant Andreu Categoría:Barrios de Barcelona