O parrulo de colar (Aythya collaris) é unha ave anseriforme da familia dos anátidos.

Características Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os machos son lixeiramente meirandes que as femias e seméllanse moito ós seus parentes, os parrulos cristados. Son aves mergulladoras e omnívoras que se alimentan de vermes, insectos, caracois, sementes e plantas acuáticas.

Distribución e costumes Cría en lagos e lagoas do norte dos Estados Unidos e o Canadá. Durante o inverno móvese cara ao sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Aythya collaris en Iucnredlist.org

Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1809