Enrique Taboada Chas, nado na Coruña en 1870 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1933El Pueblo Gallego, 19-12-1933, p. 5., foi un sindicalista e militante anarquista galego.
Traxectoria Traballou como augadeiro na cadea da Coruña, e foi fundador e presidente da sociedade de resistencia do seu oficio, polo que foi encadeado en 1901. Formou parte das directivas de Germinal e da coral Unión y Libertad. Rexentou o quiosque El Sol para a venda da produción editorial libertaria e desempeñou diversos oficios. Traballou como camareiro marítimo nos buques da Mala Real Inglesa e foi directivo da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita. Promoveu a Biblioteca El Sol, a La Internacional e a Biblioteca Aurora nas que editou folletos de diversos autores. Fundou o periódico Cultura Libertaria. Foi sometido a Consello de guerra pola folga xeral de 1917. Continuou colaborando con Solidaridad Obrera e co Ateneo Libertario Nueva era, do que foi fundador.
Vida persoal Casou con Dolores Sánchez Pérez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos