Mariner 5 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 14 de xuño de 1967 mediante un foguete Atlas Agena D desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Venus.
Características Mariner 5 pertenceu ó programa Mariner da NASA e foi a quinta do seu tipo. Mariner 5 era a nave de substitución en caso de fallo da Mariner 4, enviada a Marte, pero dado o éxito desta última decidiuse usar á Mariner 5 nunha misión a Venus.
A nave estabilizábase nos tres eixos, usando o Sol e Canopus como referencia e pasou a 4000 km sobre as nubes de Venus o 19 de outubro de 1967, facendo medicións do campo magnético interplanetario, das partículas cargadas e do plasma, así como refractividade para ondas de radio da atmosfera venusiana e as súas emisións ultravioleta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mariner 4 Atlas Agena
Mariner 05