A guerra dos mundos (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97,David Y. Hughes and Harry M. Geduld, A Critical Edition of The War of the Worlds: H.G. Wells's Scientific Romance (Bloomington and Indianapolis: Indiana University Press, 1993), p. 1. é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.John L. Flynn (2005). "War of the Worlds: From Wells to Spielberg". p.5 Esta novela é unha das máis comentadas no eido da ciencia ficción.Patrick Parrinder (2000). "Learning from Other Worlds: Estrangement, Cognition, and the Politics of Science Fiction and Utopia". P.132. Liverpool University Press

Adaptacións miniatura|left|border|125px|O trípode A guerra dos mundos tivo varias adaptacións cinematográficas, dramas de radio, libros de banda deseñada, videoxogos, series de televisión, e secuelas ou historias paralelas doutros autores.

A máis famosa adaptación foi o programa de radio de 1938 que foi narrado e dirixido por Orson Welles. Os primeiros dous terzos dos 60 minutos que duraba o programa foron presentados como un boletín de novas, o que provocou que o pánico se espallara entre os oíntes que creron que os eventos descritos no programa eran verdade. En 1953 estreouse o filme A guerra dos mundos, a primeira adaptación ó cine. Foi producido por George Pal e dirixirdo por Byron Haskin. En 1978 fíxose a gravación mellor vendida da historia, coas voces de Richard Burton e David Essex, producido por Jeff Wayne. Steven Spielberg dirixiu a adaptación de 2005 protagonizada por Tom Cruise, que recibiu críticas positivas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Ligazóns externas The War of the Worlds Invasion Cubertas do libro dende 1898 ata a actualidade

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1898 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎ Categoría:Novelas de ciencia ficción