Abdón Blanco García, nado no Barco de Valdeorras en 1899 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Axente comercial. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras durante a ditadura de Primo de Rivera. Na Segunda República foi secretario de Izquierda Republicana e nomeado alcalde do Barco de Valdeorras a comezos de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo,Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937 xulgado en Ourense por rebelión militar e sentenciado á pena de morte. Executárono no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1936. Logo do seu falecemento, o Colexio de Axentes Comerciais solicitou unha investigación sobre a súa muller Francisca Quirós, para apropiarse dunha parte das propiedades gananciais do matrimonio.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes do Barco de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936