O Platinum Arena (en ) é un pavillón deportivo da cidade de Khabarovsk (Rusia). Foi inaugurado en 2003 e ten capacidade para 7.100 espectadores. Neste pavillón xogan os seus partidos como locais os equipos de hóckey sobre xeo Amur Khabarovsk (pertencente á Kontinental Hockey League e que o utiliza dende a súa inauguración), así como o seu equipo júnior Amurskie Tigry (pertencente á Minor Hockey League e que o emprega dende o 2010). Na tempada 2004-05 foi a casa do desaparecido Golden Amur, que competiu durante a súa única tempada de existencia na Asia League Ice Hockey.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial O Platinum Arena en www.hockeyarenas.net

Categoría:Pavillóns de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Pavillóns da KHL