César García Solís foi un político galego.
Traxectoria Comerciante e industrial en Pontevedra. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Pontevedra o 29 de marzo de 1924, e dimitiu a finais de xuño dese ano. Foi nomeado deputado provincial en febreiro de 1930. Foi membro da directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Pontevedra.
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido