Os opistobranquios son un amplo e diverso grupo de gasterópodos mariños especializados. Foron previamente clasificados como Opisthobranchia dentro de Heterobranchia mais xa non se consideran un grupo monofilético. Actualmente, Euopisthobranchia é a colección de revisada de opistobranquios que si é monofilética, mais a cal non contén xa algúns dos tradicionais opistobranquios.
Os Opisthobranchia inclúen a especies da orde Cephalaspidea, Sacoglossa, Aplysiomorpha, Gymnosomata e moitas familias de NudibranchiaBouchet P., Rocroi J.-P., Frýda J., Hausdorf B., Ponder W., Valdés Á. & Warén A. (2005). "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia: International Journal of Malacology (Hackenheim, Germany: ConchBooks) 47 (1-2): 1–397..
Opistobranquio significa branquia atrás do corazón. Pola contra, Prosobranquio significa branquias na fronte (do corazón). Os opistobranquios caracterízanse por dous pares de tentáculos e unha única branquia por detrás e a dereita do corazón.
Hai fósiles de opistobranquios recollidos desde o Carbonífero(en Checo) Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R.: Základy zoopaleontologie. - Olomouc, 1996. 264 pp., ISBN 80-7067-599-3.
miniatura|Bullina lineata
Descrición A redución ou perda da cuncha, o elaborado das cabezas, os pés ou os mantos e a adquisición de defensas químicas son tendencias evolutivas que se aprecian en case todos os taxons de opistobranquiosKristof A. & Klussmann-Kolb A. (22 January 2010). "Neuromuscular development of Aeolidiella stephanieae Valdéz, 2005 (Mollusca, Gastropoda, Nudibranchia)". Frontiers in Zoology 7: 5. ..
Os opistobranquios teñen sufrido unha detorsión, unha inversión evolutiva da metade da torsión característica na historia evolutiva previa dos gasterópodos. O resultante desta detorsión é que o ganglio visceral non se superpón e defínese como eutineuro. En contraposición está o estreptoneuro, común en gasterópodos, no que si os ganglios forman un xiro diferente dentro do corpo do animal.
Non hai unha distinción marcada entre a cabeza e o manto. Os tentáculos están situados cerca da cabeza e úsanse para a orientación. Detrás destes están os rinóforos, órganos olfactivos de, habitualmente, complexas formas. A única parte do pé é a central e úsase para locomoción. Os laterais dos pés evolucionaron a parapodios, excrecencias brandas. En varios subordes, como Thecosomata e Gymnosomata, os parápodos úsanse para moverse nunha forma de locomoción natatoria.
Teñen ocelos, ollos sinxelos, cunha lente e córnea capaces de detectar a luz e o paso de sombras mais non de obter imaxes coherentesHelen P. I. Hughes. A light and electron microscope study of some opisthobranch eyes. Zeitschrift für Zellforschung und Mikroskopische Anatomie. 1970, Volume 106, Issue 1, pp 79-98
Alimentación miniatura|Oxynoe olivacea Hai opistobranquios herbívoros, detritívoros e carnívoros. Ao seren lentos, os carnívoros cazan presas sedentarias. Comen os biozoos, os Cnidarios e as esponxas (das que absorben toxinas para defensa propia). Os opistobranquios poden ter zooxantelas das súas presas os corais e usalos como produtos metabólicos para eles mesmos. Algúns herbívoros fan o mesmo cos cloroplastos das algas das que se alimentanGosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa : A Guide to Opisthobranch Molluscs of South Africa p.9 ISBN 0-930118-13-8.
Reprodución miniatura|Clione limacina, un anxo de mar. Os opistobranquios son hermafroditas e teñen estratexias reprodutoras complexas, que habitualmente implican a transferencia dun a outro de esperma e o seu almacenamento ata que os ovos están listos para a fertilizaciónDebelius, Helmut (2001) Nudibranchs and Sea Snails Indo-Pacific Field Guide p.7 Ikan, Frankfurt Os ovos acostúmanse poñer en bandas, cintas, que varían en estrutura. As cintas de ovos son características de cada especie e nalgúns casos só a identificación da especie que os depositou permite identificar os ovosGosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa p.11 ISBN 0-930118-13-8.
Comunicacións miniatura|Pleurobranchus mamillatus Empregan comunicación química para puntos do seu ciclo vital. As larvas planctónicas flotan ata que as feromonas as alertan de que están nunha contorna axeitada para o seu asentamento. Nalgúns casos atrasan a súa metamorfose ata que detectan feromonas das súas presas. Nos momentos de reprodución existe comunicación química para atraer parellas.
Defensa Os opistobranquios son, basicamente, invertebrados mariños con corpos brandos e cunha reducida ou ausente cuncha e sen opérculos co que as técnicas de protección destes baséanse noutras técnicas. Grazas a combinación de destacados camuflaxes e a unha agresiva toxicidade teñen poucos predadores. Con todo, algúns opistobranquis empregan as coloracións de advertencia. Os predadores dos opistobranquios son outros opistobranquios e predadores resistentes a toxinas, como as arañas de mar.
Os opistobranquios segregan produtos irritantes como ácidos fortes ou toxinas acumuladas coa dieta. As Aeolidioidea absorben o contido das células con toxina dos cnidarios, presas destes, e empregas esas toxinas para a súa propia defensaGosliner, Terrence (1987) Nudibranchs of Southern Africa p.7 ISBN 0-930118-13-8.
Ecoloxía Opisthobranchia representa un grupo morfoloxicamente diverso de gasterópodos e ocupan, polo tanto, unha ampla variedade de nichos ecolóxicos. Os opistobranquios teñen unha distribución global restrinxida a medios oceánicos, agás no caso de achochlidios.
Taxonomía Seguindo a clasificación de Johannes Thiele do 1931 os Gasterópodos divídense en Prosobranchia, Pulmonata e Opisthobranchia. En clasificacións posteriores os dous últimos, Pulmonata e Opisthobranchia, foron fusionadosKnudsen B, Kohn AB, Nahir B, McFadden CS, Moroz LL. Complete DNA sequence of the mitochondrial genome of the sea-slug, Aplysia californica: conservation of the gene order in Euthyneura. Mol Phylogenet Evol. 2006 Feb;38(2):459-69.
A relación cos pulmonados miniatura|Aplysia californica. Está en debate que os opistobranquios sexan un grupo parafiléticoHaszprunar, G. 1985c. The Heterobranchia - a new concept of the phylogeny of the higher Gastropoda. Z. zool. Syst. Evolutionsforsch. 23: 15-37. e que son a orixe dos Pulmonados. Sendo así, Opisthobranchia non sería monofilético e, polo tanto, un taxon non válido. Os últimos estudos de secuenciación de rRNA seguen sen esclarecer este debate
Taxonomía Linneana A Orde Opisthobranchia Milne-Edwards, 1848 Suborde Cephalaspidea P. Fischer, 1883 Suborde Sacoglossa von Ihering, 1876 Suborde Aplysiomorpha P. Fischer, 1883 Suborde Notaspidea P. Fischer, 1883 Suborde Thecosomata Blainville, 1824 bolboretas do mar, con cunchas Suborde Gymnosomata Blainville, 1824 - anxos do mar, sen cunchas Suborde Nudibranchia Blainville, 1814 - nudibranquios Infraorde Anthobranchia Férussac, 1819 Infraorde Cladobranchia Willan & Morton, 1984
Estudos filoxenéticos do 2004 teñen ofrecido novas definicións das sete principais liñaxes de Opisthobranchia. Malia a todo, segue sen se considera un clado válido e considérase un grupo informal dentro dos Heterobranchia na taxonomía dos Gasterópodos, e que se adoita evitar nas publicacións recentes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Molusco Lista de gasterópodos de Galicia Galería de imaxes de gasterópodos de Galicia