The Great Gatsby é un filme estadounidense-australiano dirixido por Baz Luhrmann que se estreou no 2013. É unha adaptación da novela de F. Scott Fitzgerald O Gran Gatsby, e está protagonizada por Leonardo DiCaprio, Tobey Maguire, Carey Mulligan, Joel Edgerton, Amitabh Bachchan, Isla Fisher e Elizabeth Debicki.
Sinopse Na alta sociedade norteamericana do Nova York dos anos 20, chama a atención a presenza de Jay Gatsby. É un home misterioso e moi rico, feito que provoca que tódolos ricos e poderosos da cidade acudan ás súas fastuosas festas na súa gran mansión de Long Island. Gatsby vive obsesionado coa idea de recuperar o amor que deixou escapar anos atrás. Para logralo, farase amigo do seu novo veciño, Nick Carraway.
Personaxes
Leonardo DiCaprio como Jay Gatsby Tobey Maguire como Nick Carraway Carey Mulligan como Daisy Buchanan Joel Edgerton como Tom Buchanan Elizabeth Debicki como Jordan Baker Isla Fisher como Myrtle Wilson Jason Clarke como George Wilson Amitabh Bachchan como Meyer Wolfshiem Jack Thompson como Dr. Walter Perkins Adelaide Clemens como Catherine Richard Carter como Herzog Max Cullen como Owl Eyes Heather Mitchell como Nai de Daisy Gus Murray como Teddy Barton Steve Bisley como Dan Cody Vince Colosimo como Michaelis Felix Williamson como Henri Kate Mulvany como Mrs. Mckee Eden Falk como Mr. Mckee iOTA como Trimalchio
Galardóns e nomeamentos 2013: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes (fóra de concurso). 2013: Satellite Awards: 3 nomeamentos, incluíndo mellor dirección artística.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Baz Luhrmann Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en Sidney Categoría:Filmes ambientados en 1922 Categoría:Filmes ambientados en 1929