José Román González González, nado na Manchica (A Merca) en 1967 e finado o 2 de xaneiro de 2014Twitter de Roberto Relova, foi un músico, compositor e docente de guitarra galego.
Traxectoria Formouse no Conservatorio Superior de Madrid, onde acadou o grao superior en guitarra. Estudou con José Luis Rodrigo, José Tomás Pérez Selles, Leo Brouwer, Paul Odette ou David Russell. Ao aprobar as oposicións como profesor de guitarra no Conservatorio de Vigo, trasladouse á cidade olívica.
Obra Dúos de guitarra e frauta con Fernando Raña: Círculo mágico (1997) Candombe (2006), con pezas de Máximo Diego Pujol e Astor Piazzolla entre outros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Canal de YouTube do dúo Raña-González.
Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados na Merca Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Compositores de Galicia