A breve inversa ( ̑ ) é un sinal diacrítico con forma de semicircunferencia aberta por baixo. A súa forma é inversa da do breve. Tamén é similar ao acento circunflexo, pero con forma arredondada e non apuntada.

Usos Emprégase sobre algunhas letras en romanizacións do serbocroata. No Alfabeto Fonético Internacional emprégase baixo unha vogal para indicar que non é silábica. Por exemplo representan as semivogais .

Usos non lingüísticos En Matemáticas un sinal análogo indica un arco. Colocado sobre unha cifra da parte decimal dun número indica que é un número decimal periódico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Breve Ligazóns externas Diacritics Project — All you need to design a font with correct accents

Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos