Os Pelagibacterales constitúen unha orde de Alphaproteobacteria composta de bacterias mariñas de vida libre que son aproximadamente unha de cada tres células que hai na superficie do océano. En conxunto, estímase que os membros de Pelagibacterales supoñen un cuarto e medio de todas as células procariotas do océano.

Inicialmente, este taxon só era coñecido por datos metaxenómicos e coñecíase como clado SAR11. Situouse primeiro en Rickettsiales, pero posteriormente foi elevado á categoría de orde, e despois situado como irmán das Rickettsiales na subclase Rickettsidae. Inclúe a especie mariña enormemente abundante Pelagibacter ubique.

As bacterias desta orde son infrecuentemente pequenas. Debido ao seu pequeno tamaño do xenoma e as limitadas funcións metabólicas, Pelagibacterales convertéronse nun organismo modelo para a 'teoría da optimización' (streamlining theory).

P. ubique e especies relacionadas son oligótrofos e aliméntanse de carbono e nitróxeno orgánicos disoltos. Non poden fixar o carbono nin o nitróxeno, pero pode realizar o ciclo do ácido tricarboxílico co bypass do glioxilato e poden sintetizar todos os aminoácidos menos a glicina, así como algúns cofactores. Tamén teñen unha necesidade pouco común e inesperada de xofre reducido.

P. ubique e membros do subgrupo oceánico I realizan a gliconeoxénese, pero non unha ruta glicolítica típica, mentres que outros subgrupos son capaces de facer unha glicólise típica.

A diferenza de Acaryochloris marina, P. ubique non é fotosintética, concretamente non usa a luz para incementar a enerxía de enlace dun par de eletcróns, pero non posúe proteorrodopsina (incluíndo a biosíntese de retinol) para a produción de ATP da luz.

As bacterias SAR11 son responsables de gran parte do metano disolto na superficie do mar. Extraen fosfato do ácido metilfosfónico.

Aínda que o nome do taxon deriva do da especie tipo P. ubique (status especie Candidatus), esta especie aínda non foi publicada validadmente.

Subgrupos Actualmente, a order divídese en cinco subgrupos:Robert M. Morris, K.L.V., Jang-Cheon Cho, Michael S. Rappé, Craig A. Carlson, Stephen J. Giovannoni, Temporal and Spatial Response of Bacterioplankton Lineages to Annual Convective Overturn at the Bermuda Atlantic Time-Series Study Site" Limnology and Oceanography 50(5) p. 1687-1696. Subgrupo Ia, océano aberto, grupo coroa, inclúe P. ubique HTCC1062 Subgrupo Ib, océano aberto, clado irmán de Ia Subgrupo II, costeiro, basal de Ia + Ib Subgrupo III, de augas salobres, basal de I + II xunto co seu clado irmán IV Subgrup IV, tamén coñecido como clado LD12, de auga doceSalcher, M.M., J. Pernthaler, and T. Posch, Seasonal bloom dynamics and ecophysiology of the freshwater sister clade of SAR11 bacteria 'that rule the waves' (LD12). ISME J, 2011. Subgrupo V, que inclúe alphaproteobacterium HIMB59, basal dos restantes

Os resultados anteriores orixinan un cladograma dos Pelagibacterales como o seguinte:

Situación filoxenética e teoría endosimbiótica

Un estudo de 2011 feito por científicos da Universidade de Hawaiʻi en Mānoa e da Universidade do estado de Oregón, indicaron que os SAR11 podían ser os devanceiros das mitocondrias da maioría das células eucariotas. Porén, este resultado podía representar un artefacto na reconstrución da árbore debido a un nesgo composicional.

Notas

Categoría:Proteobacterias