Rafael Alonso Rodríguez, nado en Ribadavia o 25 de xullo de 1901 e finado en Maceda o 21 de setembro de 1937, foi un mestre galego.
Traxectoria Nado en Amoeiro o 25 de xullo de 1901. Mestre que procedía da oposición de 1928, obtivo praza en Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. De ideoloxía radical-socialista, caracterizábase polo entusiasmo na práctica dos novos métodos pedagóxicos, e a loita contra o caciquismo local. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, procesado e ingresou na Prisión de Ourense.La Región, 4-11-1934, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Perseguido, foi detido en 1937. Ingresou na Prosoón Provincial de Ourense o 10 de abril. Encartado na causa 649/37, o seu caso foi sobresido. O 20 de setembro foi entregado a forza pública para o traslado a outra prisión. Foi asasinado o 21 de setembro na Curva Grande do Rodicio, na estrada de Ourense a Ponferrada (actual OU-536) pouco antes do Alto do Rodicio (Maceda).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Expediente persoal do recluso Rafael Alonso Rodríguez
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1901
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos